Tres mozos tiveron que ser rescatados onte pola tarde do río Mero, preto da presa de A Telva no municipio de Cambre, cando foron arrastrados pola corrente mentres se bañaban. Axentes da Policía Municipal e un veciño da zona conseguiron sacalos da auga.

Un dos rapaces conseguira agarrarse a un dos piares da presa para non ser arrastrado e foi máis difícil sacalo da auga.

Os tres foron rescatados ilesos, só presentaban algo de hipotermia, e non foi necesaria atención médica, e puideron voltar á casa polo seu propio pé. O río Mero ten zonas de moita profundidade.