04 de abril de 2019
04.04.2019
La Opinión de A Coruña

A Deputación repartirá outros 6.000 volumes nos concellos polo Día do Libro

03.04.2019 | 21:54

A Deputación de A Coruña festexará o Día do Libro, o vindeiro 23 de abril, co reparto de 6.000 volumes en bibliotecas, mercados, centros de saúde e escolas. Este programa iniciouno hai tres anos polo que terá entregados xa un total de 18.000 exemplares na totalidade dos concellos da provincia.

Este ano o reparto será nos úlitmos 29 concellos que faltaban. Os volumes son de poesía, teatro, narrativa, ensaio e investigación. A Deputación inclúe algúns dos títulos premiados nas convocatorias da institución, coma os Torrente Ballester de narrativa, os González Garcés de poesía ou os Dieste de Ensaio.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es