O Concello de Oleiros organiza para este sábado a Festa da Lingua en Santa Cruz. Será en As Torres, ao aire libre, con actos para nenos a partir dos dous anos. É unha festa para as familias do programa Apego de fomento do galego. Ás 12.30 horas actuará Teatro dos Ghazafelhos, ás 16.00 estará Xogos Paporrubio e ás 18.30 haberá o obradoiro Canta Música con Pablo Díaz e Olga Kirk.

Este sábado tamén se celebra a VII Festa Amanexa que organiza a agrupación O Amanexo de Dexo a partir das 18.00 horas na pista polideportiva. Actuará O pedrón de Padrón, Airiños de Fene e O Amanexo. Ás 21.00 horas comezará unha foliada.