Unha das novidades no Goberno local de Arteixo neste mandato que acaba de comezar é José Antonio Calvelo. Encárgase da realización das obras menores nos núcleos urbanos de todo o municipio. É a primeira vez que exerce o cargo de concelleiro e nestas primeiras semanas intenta aprender como desenvolver as súas tarefas. No pasado foi nas listas do Partido Popular, pero en postos que non eran de saída. Unha das obras que ten previsto realizar é a renovación completa do paseo fluvial do río Bolaños e a creación dun multiparque na capital municipal.

É a primeira vez que sae elexido concelleiro, como o leva?

Ben. Levo un mes só. Foron as eleccións, a toma de posesión, tema de firme... Practicamente levo un mes. Estou empezando a acoplarme ao sistema técnico.

Todo isto é novo para vostede.

Para min todo é novo. Fun xerente dunha empresa de automoción 30 e pico anos. Si que estiven en contacto polo tema de asociacionismo.

O traballo é como esperaba? Sorprendeulle algo?

Se pasas da empresa privada, sendo autónomo, á Administración, sabes que os papeis non son como nós pensamos. No tema das obras, a maioría das cousas corresponde aos técnicos. Dependemos de técnicos. Máis ben informamos do que os veciños solicitan. Trasladamos as peticións aos técnicos. Si que é certo que de pasar da empresa privada a Administración notamos un cambio grande.

A resposta que poden dar é moito máis lenta.

É moitísima máis lenta.

Que obxectivos ten para este mandato?

As demandas que os veciños plantexan e que levamos no programa. E máis o día a día. Aparte do programa, hai moitísimas demandas do día a día que nos están pedindo. Marcámonos levar adiante os obxectivos que prometimos.

Cales serían eses obxectivos?

Todas as obras que xa levamos empezadas co presuposto do 2019. O meu tema é concelleiro de obras, pero menores, ademais de instalacións municipais. O que intentamos é acabar as obras empezadas e conseguir que en todas as parroquias haxa un centro cívico, un área deportiva e instalacións municipais. Eses son os tres obxectivos que nos marcamos. Iso é o que nos demandan os veciños.

En que zona ten previsto empezar a actuar? Digo proxectos novos.

A nosa preferencia é acabar o que temos en marcha. Non queremos empezar novas obras cando temos outras sen acabar. Temos unha obra que se vai levar no 2019 ou no 2020, sen poñer data, que é o paseo fluvial de Arteixo. Queremos modificar todo o paseo fluvial. Renovalo e dárlle outra vida. E tamén acabar o tramo ata O Rañal.

A renovación do paseo fluvial será este ano?

Este ano non vai ser. Penso que primeiro vamos acabar o que temos empezado. En case todas as parroquias hai obras en marcha.

Ademais do paseo, ten pensado algunha obra novo?

O local social de Suevos é unha gran actuación e o multiparque na zona do centro de saúde e de maiores. Vaise facer unha área nesa zona de aí. Queremos facer un gran multiparque. Non un parque pequeno, senón algo máis grande.

Que é un multiparque?

Un parque que teña outros xogos que non teña o normal. Unha área grandísima.

Ten pensado introducir algunha novidade na forma de traballar na concellería?

Eu penso que funcionaba ben. A nosa idea é seguir co mesmo estilo, para iso se incorporou máis xente.

Está previsto a posta en marcha dalgún plan de mellora da accesibilidade nas beirarrúas e nas paradas do de autobús do municipio?

Si. Hai un colectivo, Stop Accidentes, co que estamos colaborando para que os nenos teñan unha ruta segura. Aparte estou en contacto cun colectivo de minusvalía para mellorar a accesibilidade. Notamos algunha deficiencia que nos acaban de comentar.

E nas paradas do autobús?

É un tema que temos que estudar. Estamos niso. O que pasa é que moi pouco tempo. Acabo de empezar.

Haberá algún cauce para que os veciños poidan mandar suxerencias?

O que temos é un programa no que se recibiu sobre 5.040 incidencias. Recibimos de particulares ou asosociación de veciños. Calqueira veciño pode mandar un aviso ao correo obras@arteixo.org. Nós recollemos o aviso. Recibimos esa demanda que os veciños nos está pedindo. Podemos mirar todos os avisos.

A aplicación para os avisos vaise abrir ao público?

Teño que falar co técnico dese tema. Dicir outra cousa sería mentir.