Este mes de febreiro chega cargado de cultura para os estudantes de Oleiros. O Concello organiza, xa coa edición número dezanove, os concertos pedagóxicos dirixidos a todo o alumnado de Educación Primaria dos centros educativos públicos.

Case 14.000 rapaces de entre 6 e 12 anos, xunto cos seus 55 mestres, participarán nesta actividad que o Executivo local financia integramente, incluido o desprazamento. Os días 17 e 27 de febreiro, no auditorio de A Fábrica, o alumnado de Primero, Segundo e Terceiro de Primaria verán o espectáculo de Lydia Botana. O 30 de marzo no auditorio Gabriel García Márquez de Mera serán os alumnos de Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria os que poderán ver a obra El Mundo Suena da Agrupación Arco Iris, formada por membros da Orquestra Sinfónica de Galicia.

O alumnado dos tres institutos de Oleiros acudirá o día 17 deste mes ao auditorio de Mera para ver a obra Language Planning, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Os rapaces xa recibiron o libro Made in Galiza, de Séchu Sende (editorial Galaxia), no que se basea a obra, interpretada pola compañía Os Quinquilláns. Este volume xa é un clásico da lingua, un libro de historias orixinais que provocan a reflexión sobre a situación sociolingüística do idioma. É unha montaxe teatral participativa, cómica e retranqueira.