Como está a afectar o confinamento á xestión municipal?

Hai persoal traballando dende a casa, o resto está no Concello, por turnos. E Servizos Sociais tamén, está facendo un traballo marabilloso. Pola situación non podemos contratar, están paralizadas as licitacións, pero si podemos anunciar, só que non corren os prazos. E así podemos adiantar e cando remate isto, empezar xa. Se se para a obra pública, si que haberá un problema para o país. Non podemos parar o país, vai haber moita xente no paro. O impacto en zonas turísticas vai ser tremendo, vai haber unha grande merma de ingresos. A crise vai ser moi grande.

Vostede di que hai unha conspiración dos máis ricos e poderosos, con Estados Unidos detrás, e que o virus foi provocado, pero os científicos certifican que non é certo.

Acaban de cargarse a páxina web de Alternativa dos Veciños, uns vídeos que tiñamos colgados de científicos que dicían que este virus era provocado, dicían nomes e apelidos. Estos teléfonos de Alcaldía están pinchandos, están oíndonos agora o que falamos. Se non fose certo o que digo non quererían calar voces. Queren aborregar á xente, doblegala, metida na casa. Van crear unha crise criminal, arrancar despois vai ser lento. O virus atacou en Irán, na zona rica de Italia, en Madrid, País Vasco, Cataluña, atacan aos que apoiaron ao goberno, non é casualidade.

Un filósofo coreano dicía nun artigo que despois desta crise pode haber risco de que os gobernos adopten o estilo policial dixital de China, con millóns de cámaras e control da poboación a través dos móbiles. Cre que pode pasar aquí?

Xa están recortando libertades agora, hai tres ou catro empresas que son donas de todas as telecomunicacións no mundo.Teñen un control total. Se lles interesa a túa persoa, xa te vixían a través da televisión, por exemplo, é algo que xa saiu publicado. Máis vixiancia da que temos, imposible.

Din que esta crise cambiará a sociedade mundial.

Non hai precedentes disto, creo que si, vai haber un cambio tremendo, é un ataque aos gobernos europeos. Para Estados Unidos non é o mesmo comprar o petróleo a menos sesenta que a cen. Esto é unha guerra, e sen disparar un tiro, é unha guerra por tema comercial, porque China se disparaba.

Vostede segue traballando con normalidade.

Eu veño mañá e tarde ao Concello. Chego pola mañá, contesto correos dos veciños, e despois vou ver obras. Hoxe [por onte] vou ver cómo van as do paseo de Santa Cristina.

A vida municipal segue, séguese traballando nas obras.

Si, estase traballando en cambiar o firme do paseo en Santa Cristina, o firme do parque da Lagoa de Mera, a renovación da rede de auga de Os Regos e As Pedreiras, rematándose no Repicho...

Como o pare a Garda Civil por circular, ten desculpa.

Claro, ver como van as obras é parte do meu traballo, son o responsable.

O 11 de abril, cando remata o confinamento, en principio, e o prazo límite para que entreguen as chaves as dúas familias que faltan de Bastiagueiriño.

Si, unha familia xa as entregou en decembro.

E manten a idea de conservar un dos chalés para servicios municipais?

Queremos manter unha parte dunha vivienda, é necesaria para gardar material de xardinería, maquinaria, poñer urinarios, dentro do gran parque que hai. Imos analizar como facer, non se conservaría a casa, só unha parte que non saque as vistas ao mar.

Acaba de decretar a expropiación para a senda peonil na marxe dereita da carretera a Mera.

É para facer o tramo que falta entre o pazo de Arillo e Lourido. No seu día xa cederon os propietarios os frentes das fincas, pero nun caso son varios irmáns e están dacordo pero un vive en Estados Unidos e non firmou, e temos que facer a expropiación.