O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o vicepresidente e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, presentaron onte a nova campaña de promoción turística. "956 quilómetros de costa en un camiño infinito que dan para moito" é o lema desta acción promocional coa que a Deputación pretende "revitalizar un dos piares claves da provincia".

Regueira explicou que a campaña intenta transmitir "calidade, frescura e seguridade no destino". Os responsables provinciais incidiron na importancia do turismo. No sector, lembraron, "reside máis do 50% da economía da provincia e supón tamén máis do 50% dos postos de traballo, polo que a preocupación ten que ser máxima.