Os Náufragos Teatro presenta hoxe sábado ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Pura, dirixida por Gustavo del Río. As entradas poñeránse á venda a partir das 19.30 horas a un prezo de 3,50 euros. A obra, aconsellada para público adulto, fala dos maiores, dunha muller de 94 anos que quere ir de novo a ver un filme ao Cine París de A Coruña.