Preto dunha quincena de veciños participaron onte na sementeira organizada pola Asociación de Veciños San Antón de Dexo, a sementeira ao xeito tradicional con trigo autóctono. Dende uns 12 anos ata arredor de 80 anos tiñan os participantes, que aprenderon de catro persoas maiores que acudiron a explicar como se fai, contou despois Javier Río, integrante da asociación e marido da presidenta, Isabel Fernández, organizadora da actividade. “Ían vir máis rapaces, pero moitos non viñeron ao coincidir co Carnaval”, asegura Río. Explica que se deixou unha pequena parte de terra e de trigo para que os interesados teñan ocasión de participar na sementeira outro día. A iniciativa, que se desenvolve coa colaboración do Concello, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, a entidade ecoloxista SEO/Birdlife e Ecoembes, busca recuperar a tradición e aves da zona, que se alimentan dese trigo.

Unha quincena de nenos e maiores reviven a tradicional sementeira en Dexo