O programa A Hora do Conto da rede de bibliotecas municipais de Oleiros programou tres sesións para esta semana. A primeira será mañá mércores día 30 na biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz con Galeatro. Ao día seguinte estará Iván Dávila na biblioteca central Rialeda de Perillo e o venres 1 de abril Lía Magalía será a que faga esta sesión para os máis pequenos. En todos os casos as sesión comezarán ás seis e media da tarde. É necesario chamar á biblioteca para reservar plaza. A inscripción pode facerse dende dez días antes da realización de cada sesión.