O Concello da Laracha ultima os preparativos para o Día das Letras Galegas, o 17 de maio. Os festexos comenzarán o día 15 con música e baile tradicional na praza Olonne sur Mer a cargo das asociacións Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión. O luns 16 será o turno de Sheila Patricia, que presentará o seu novo disco, Orixe. O programa inclúe tamén espectáculos para o público infantil como Brincadeiras da Lingua, de Migallas Teatro, ou contacontos de Talía Teatro e Magín Blanco.