O BNG alerta da carreira en Dexo en período de aniñamento de aves
REDACCIÓN
O BNG de Oleiros insiste na necesidade dun “plan de xestión para o Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes”, ademais dunha maior “implicación” da Xunta, despois de coñecer que de novo se celebrará a carreira pedestre Costa Trail o vindeiro 26 de marzo, por este lugar que é íntegramente Zona de Especial Conservación (ZEC).
“Semella que a declaración de monumento natural é pouco máis que papel mollado” , asegura o concelleiro Ivan Roca. O edil Lembra a especial flora, fauna e patrimonio (castro das Rozas) desta zona protexida e esixe á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que “reconsidere” se é “acaído” que 350 persoas corran pola zona “en pleno período de aniñamento de aves”. Indica que hai moitos outros lugares para facer esta proba.
- El nuevo Gobierno local de Cambre cancela la romería histórica Galaicoi
- Seoane pide a la Xunta actuar ante dos obras ilegales junto a playas
- El juzgado se reafirma en el archivo de la causa abierta contra Benito Portela por El Chiringuito de Sada
- Nadie puja por una parcela en Mera en subasta judicial por 1,1 millones
- El plan de movilidad de A Laracha propone restringir el tráfico en Caión
- Morás, a un paso de albergar la cárcel
- Carral celebra su pan y forma relevo en los hornos
- 50 anos da revolta en Guísamo pola AP-9: «Tiñamos que defender o noso»