O BNG de Betanzos negociará un acordo para apoiar a investidura da socialista María Barral como alcaldesa
A Asemblea local do BNG acordou onte por unanimidade negociar un acordo para apoiar a investidura de María Barral como alcaldesa, "en base a mudanzas na liña do goberno en temas fundamentais como o PXOM ou a xestión directa de servizos como a auga", explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez.
"Nesa liña, e en función da vontade do PSOE de chegar a puntos en común para que Betanzos teña un goberno estábel e dar un xiro cara a políticas de esquerda e á transparencia no goberno, valoraremos no futuro a posibilidade dun pacto de goberno. A posibilidade da incorporación do BNG ao goberno estará en función da vontade de acordo do PSOE e do cumprimento posterior dos acordos de investidura", engadiu Sánchez.
Desde o BNG explicaron que están dispostos a tender a man para que Betanzos poida ter un goberno progresista e evitar que a dereita poida gobernar, "mais entendemos que tendo en conta a falta de diálogo do PSOE en todo o mandato, co BNG e coa veciñanza, non se dan neste momento as condicións para valorar directamente un acordo de goberno. Esperamos feitos que demostren a súa intención de colaborar e introducir cambios en temas fundamentais para as veciñas e veciños de Betanzos".
Neste sentido a asemblea local do BNG nomeou unha comisión que se encargará da negociación e seguimento do acordo de investidura e comprobará o seu cumprimento. "Os temas que o BNG considera fundamentais son o cambio de modelo do PXOM e a redacción dun novo PEPOCH para promover a rehabilitación e posta en valor do Casco Histórico, a revisión das concesións como a da auga e un estudo para a xestión directa dos servizos básicos ou cambios no modelo de subvencións, para garantir a igualdade no acceso aos recursos públicos", explicaron.
"Esperamos que o PSOE teña a capacidade para ler os resultados que claramente castigaron a falta de proxecto e de capacidade así como a actitude pouco transparente e pouco dialogante. Desde o BNG tendémoslles unha man para un cambio que consolide un goberno alternativo ao PP e que sería o mellor para a nosa veciñanza", concluíu.
- Miño pide permiso a Costas para ejecutar una pasarela de madera que atraviese la marisma
- El Concello de Miño inicia el proceso para la cesión durante 15 años de las instalaciones del campo de golf
- El incendio en un garaje obliga a desalojar un edificio en O Burgo
- Trescientos jóvenes musulmanes de Galicia se congregan en Arteixo
- Seoane: “Cumplimos el deseo de Esperanza Tenreiro”
- Oleiros lleva a la Unión Europea “deficiencias” en el dragado
- Culleredo y Miami: tras el hermanamiento y el cruceiro, ahora la plaza Galicia en Florida
- “A pegada sonora supón a desvalorización do patrimonio. Terán que compensarnos”