A viguesa Silvia Penas gaña o Premio de Poesía de Carral

REDACCIÓN

O xurado da edición número 27 do Premio de Poesía do Concello de Carral otorgou por unanimidade o galardón á viguesa Silvia Penas Estévez. “A forza da voz poética manifesta a súa furia a través do ritmo e a da limpeza das imaxes”, é unha das características destacadas polo xurado. Un total de 94 obras, un récord, foron presentadas a esta edición.

O premio, que conta coa colaboración da Xunta, está dotado con 3.500 euros e a publicación na colección de Espiral Maior. A entrega faráse o 31 de maio na Casa da Cultura, cando se presentará tamén o poemario gañador da anterior edición, de ciro Briones.