A asociación que lanzou o “irmán pequeno” do globo: “A xente estaba un pouquiño orfa”

O presidente de Lar de Unta celebra a acollida do aerostato “simbólico” lanzado en Santa María e afirma, para 2024, que “ten que facelo a xente que se encarga diso tradicionalmente”

Lanzamento do "irmán pequeno" do globo, no atrio de Santa María. |   // La Opinión

Lanzamento do "irmán pequeno" do globo, no atrio de Santa María. | // La Opinión / SAra Vázquez / Daniel Abelenda

“Esperábamos unha cousa máis de andar por casa”, admite Xabier Doporto, o presidente da asociación cultural Lar de Unta, responsable da elaboración e o lanzamento do “irmán pequeno” do globo que axudou a paliar na noite de San Roque a ausencia do grande emblema de Betanzos. A iniciativa, para sorpresa mesmo dos seus impulsores, desbordou o atrio de Santa María, onde o helio elevou o globo suplente e espertou o entusiasmo de entre 1.500 e 3.000 persoas, segundo quen calcule, admite o presidente da entidade, quen confesa que a asociación non agardaba tanta afluencia e celebra que “a xente participou moito, houbo moita alegría e foi moi ben”.

O éxito que acadou o irmán pequeno quedaba lonxe das expectativas da entidade cultural. “Fixemos un taller de chavales que fixeron os globos e queríamos botar un pouquiño iso... algo simbólico, porque un globo de 2 metros e medio tampouco tiña máis pretensión. A verdade é que quedamos contentos. A xente tiña ganas de disfrutar dese momento”, conta o presidente. Atribúe a boa acollida que tivo o lanzamento do “irmán pequeno” a que “a xente estaba un pouquiño orfa e agradeceu o detalle de poder ter algo”, xa que “faltaba algo nas festas do pobo. E subliña o seu agradecemento a todas as persoas colaboradoras que, “con carácter altruísta”, fixeron posible que o irmán pequeno suavizara o baleiro do maior.

“Este pequeno globo fíxose un pouco para encher ese oco que deixou a non presentación do globo grande, do irmán maior do globo”, explica Doporto. Asegura que o obxectivo de Lar de Unta é “que a tradición siga” e defende, preguntado pola continuidade destas actividades para o San Roque de 2024, que “o ano que vén quen ten que tomar a decisión é a xente que ten que tomala”. “Ten que facelo a xente que ten que facelo, que se encarga diso tradicionalmente”, sostén o cabeza de Lar de Unta, que elude mencionar á familia Pita.

“O que queremos é ter unha programación cultural que encha de vida o casco histórico, pero o noso cometido no é facer o globo de Betanzos”, defende Doporto. “Nós facemos actos todo o ano: obradoiro de cabazas en Samaín, cineclub, presentacións de libros... Levamos 20 anos na zona vella e 24 como asociación traballando para que o casco vello de Betanzos teña unha programación alternativa”, afirma.

O presidente non descarta reeditar para o próximo San Roque os obradoiros de globos pequenos que fixeron este ano con nenos. “Xa se fixera no 2003, tampouco é unha novidade estrita. Ademais, é unha cousa que en Betanzos se facía moito cando éramos novos”, conta Doporto, e lembra que, hai anos, era habitual que se lanzaran máis globos que o que se consolidou como protagonista das festas betanceiras.

Asegura que tamén na noite deste mércores “se lanzaron máis globos” que o de Lar de Unta. “É unha cousa que, digamos, é unha tradición da vila; non unha cousa puntual de un día concreto. Eu creo que estaría moi ben facer eses talleres, outra cousa é que require un esforzo, un deseño, unha adicación... Hai que miralo”, precisa.

Primeira xira ao campo dos Caneiros

Este venres celébrase a primeira xira ao campo dos Caneiros. As embarcacións remontarán o río Mandeo para celebrar a tradicional romaría das festas betanceiras a partir das 12.00 horas. A xornada contará coa participación das charangas NBA e DGT, e unha sesión de música no propio campo a cargo de DJ Sebas. Ao término, espera a verbena por cortesía da orquesta Marbella na praza Hermanos García Naveira.

O Concello insiste na concienciación para conservar a tradición do municipio. A alcaldesa, María Barral, pediu “respeto cara aos demais” durante as celebraciones. Ao longo da jornada haberá un dispositivo especial de seguridade cun centenar de persoas entre Policía Local, Garda Civil, Cruz Vermella e Protección Civil. Na entrada dos Caneiros instalarase un punto violeta.

Os hostaleiros solventaron “unha catástrofe”

A asociación SOS Hosteleros de Betanzos avalía de xeito positivo o impacto que están a ter as festas deste ano a pesar da ausencia do globo. “Economicamente, é duro, pero iso xa o tiñamos claro desde que o anunciaron”, recoñece voceiro da asociación SOS_Hosteleros de Betanzos, Juan Villaverde. Aínda sen dispoñer de cifras específicas, o voceiro opina que non se atopan na situación que desexarían, “pero tampouco é unha catástrofe”.

Recalca que os hostaleiros no teñen nin queren axudas do Concello e piden “diálogo y tranquilidade” entre os partidos para recuperar o globo.

Suscríbete para seguir leyendo