O instituto Blanco Amor, co galego nos comercios

O instituto Blanco Amor, co galego nos comercios | LOC

O instituto Blanco Amor, co galego nos comercios | LOC

O instituto Eduardo Blanco Amor de Culleredo súmase á campaña de fomento do uso do galego Aquí tamén se fala, iniciada polo instituto Rafael Dieste da Coruña e que secundan uns 150 centros escolares de toda Galicia. O alumnado do instituto está a colgar un cartel co lema en comercios ou negocios do municipio. Ademais, sacan unha foto do cartel que se sobe ao Instagram do equipo de dinamización da lingua galega do centro (@edlg_ieseba) xunto co nome do establecemento para darlle visibilidade. Casi 200 alumnos do centro participan na iniciativa, que busca rachar cos prexuízos sobre o galego no mundo empresarial.