Conferencia inaugural do Anuario Brigantino sobre o Liceo Recreativo

Un momento da conferencia.

Un momento da conferencia.

A investigadora Andrea Riveira, de Coirós, abriu onte o ciclo de conferencias do Anuario Brigantino. A charla da investigadora, que realizou prácticas do mestrado en Bibliotecas, e Arquivos no BAM Betanzos, onde traballou co arquivo do Liceo, versou sobre a historia do Liceo Recreativo, unha antiga institución, activa entre 1861 e 1973, que actuou como axitadora da cultura local durante máis dun século.