A veda do polbo en Galicia comeza o próximo 20 de maio e remata o 4 de xullo tralo acordo alcanzado onte nunha reunión en Santiago da comisión de seguemento do plan de xestión do cefalópodo, composta por membros da Xunta e das federacións de confrarías, tanto a autonómica como as tres provinciais. O pacto implica un peche da actividade dos naseiros de mes e medio, despois de que as dúas partes cedesen nos seus plantexamentos iniciais. O Executivo gallego apostaba por prohibir a extracción de polbo durante dous meses e o sector pedía só un, polo que o acordo quedou nun termo medio.

A Consellería do Mar defendía esa veda de dous meses (entre maio e xuño) co argumento de que propiciaría unha mellor recuperación da poboación de polbo, que rexistrou un importante descenso nos últimos exercicios.

As confrarías, pola súa banda, reclamaban un período máis curto de inactividade ao entender que suporía un importante perxuízo económico para a frota e un sobreesforzo pesqueiro noutras especies de interese para o sector.