O modelo educativo galego, un referente grazas a Rede de Formación de Profesorado

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

A Rede de Formación do Profesorado cumpriu dez anos, nos que logrou converter o modelo educativo galego nun referente en España. Os seus obxectivos son reforzar iniciativas que favorezan a calidade e a equidade, a inclusión educativa e a atención á diversidade, a convivencia e o benestar persoal.

Entre os fitos desta década destaca a creación do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), os plans de formación de profesorado en centros ou a Aula Nova experimental para introducir no ensino as metodoloxías máis avanzadas. Se trata dun espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación dispoñible para os docentes da Comunidade, onde poden formarse, desenvolver un proxecto ou materializar unha boa práctica apoiada na tecnoloxía.

Pulsa para ver más contenido para ti

Para este curso, está previsto que o Plan de Formación do Profesorado supere as máis de 6.000 accións formativas, máis de 110.000 horas de formación, 50.000 certificacións e máis de 40.000 docentes formados. O pasado curso escolar, malia a situación de excepcionalidade, realizáronse 5.800 actividades formativas a través de distintas modalidades, o que supón un incremento da oferta do 11% con respecto ao ano anterior.

Noticias de Portada Leer Noticias cerca de ti CercaJuegos Jugar