O sistema educativo galego incrementará os auxiliares de conversas ata os 655

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

B. C. [ a coruña]

O sistema educativo galego incrementará o vindeiro curso o número de auxiliares de conversa ata os 655 ao abeiro de diferentes vías, ben directamente financiados pola Xunta, ben a través da colaboración interinstitucional co Ministerio de Educación, co Instituto Confucio, co Instituto Camões ou coa Comisión Fulbright.

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde aos acordos co Ministerio de Educación e coa Comisión Fulbright por importe de máis de 4,2 millónes de euros para este fin. A través deles, aumenta en 18 o número nas aulas galegas destas persoas, que funcionan como apoio ao ensino de inglés, francés, portugués, alemán e chinés. A figura da persoa auxiliar de conversa é un elemento clave para acercar a realidade cultural e lingüística do seu país de orixe ao alumnado galego. Deste xeito, estas persoas levan a cabo un importante servizo complementario, ao apoiaren o labor do profesorado, facilitando as prácticas de conversa en linguas estranxeiras. Ademais, representan un auténtico vehículo de achegamento á cultura dos países onde se fala a lingua obxecto de estudo, polo que contribúen a reforzar o labor docente na compoñente de multiculturalidade.

A estes 525 auxiliares destes acordos engadiranse proximamente o resto dos auxiliares que se incorporarán ao sistema educativo galego a través das devanditas vías de colaboración con outras institucións, sumando un total de 655 auxiliares de conversa para o vindeiro curso.

No caso da colaboración co Ministerio, serán en total 485 auxiliares (453 de lingua inglesa, 15 de lingua francesa, oito de lingua portuguesa, sete de lingua alemá e dous de chinés). Estes profesionais desenvolverán a súa actividade maioritariamente en centros plurilingües, escolas oficiais de idiomas e centros educativos con seccións bilingües. Así mesmo, recibirán unha axuda económica e realizarán funcións de apoio á docencia da lingua estranxeira no centro de destino, sempre supervisados por unha persoa profesora titora-coordinadora.

Pulsa para ver más contenido para ti

A Xunta financia de xeito íntegro a estadía destas persoas en Galicia, ademais de asignalos aos diferentes centros plurilingües, con seccións bilingües ou escolas oficiais de idiomas.

Noticias de Portada Leer Noticias cerca de ti CercaJuegos Jugar