Un total de 1.372 obras executadas no que vai de lexislatura nos centros escolares
Román Rodríguez, en una visita a un centro educativo. | // XOÁN ÁLVAREZ / Redacción
B.C.
A Xunta impulsou a mellora das infraestruturas educativas con un total de 1.372 obras executadas no que vai de lexislatura nos centros escolares ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.
Delas, 270 son grandes obras que comprenden rehabilitacións integrais, melloras sectoriais, ampliacións e construción de novos centros como o novo colexio de Milladoiro, en Ames, ou a rehabilitación do Instituto IES Valle-Inclán, en Pontevedra.
Outras 1.040 correspóndense con actuacións de pequena e mediana envergadura e 62 son instalacións fotovoltaicas, estas últimas enfocadas a seguir avanzando cara centros educativos máis verdes e máis respectuosos co medio ambiente e a “facer máis fácil a vida cotiá de colexios e instituto e que inciden directamente sobre o benestar de docentes e alumnos”, incidiu o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.
“De cara ao futuro e no marco do mesmo plan —explicou Rodríguez— a Consellería ten outras 24 actuacións en carteira, algunhas tan importantes como a construción do novo instituto de Navia, en Vigo, cun orzamento de 14 millóns”, salientou.
Todas estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia, a folla de ruta do Goberno galego para as infraestruturas educativas da próxima década, que aposta por un novo modelo de escolas máis flexibles, máis tecnolóxicas e sostibles, adaptado á situación poscovid.