Máis de mil alumnos de 34 centros galegos participan na Ciberliga 2023

Una persona utiliza un dispositivo electrónico.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

B.C.

Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros educativos de Galicia participaran este curso na modalidade preamateur da V Ciberliga 2023, unha actividade teórico-práctica de formación en ciberseguridade e en prol dun exercicio responsable da cidadanía dixital. A iniciativa é impulsada pola Garda Civil e foron elixidas para participar nesta iniciativa Galicia, Castela–A Mancha e Madrid.

Será o Instituto Nacional de Ciberseguridade o que desenvolva a actividade ao longo do primeiro trimestre do curso 2023-2024, con dúas fases clasificatorias. A primeira delas, a nivel galego, consistirá nunha formación en streaming dunha hora de duración á que seguirá un ciber-reto nun espazo virtual seguro no que participará o alumnado en grupos de tres ou catro. Neste ciber-reto terán a oportunidade de por en práctica os coñecementos de ciberseguridade aprendidos na sesión anterior. Pasarán á segunda fase, a nivel nacional, os cinco mellores equipos clasificados no ciber-reto a nivel galego. Desenvolverase, con similares características e probas, en Aranjuez (Madrid) do 14 ao 16 de novembro. Esta acción enmárcase no protocolo subscrito no ano 2022 pola Consellería de Educación e a Dirección Xeral da Garda Civil, así como nas estratexias Edudixital e Educonvives da Xunta.A primeira delas prevé a formación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no ámbito educativo, persoal ou profesional; mentres que a segunda establecerá actuacións específicas cara a unha convivencia dixital responsable.

Noticias de Portada Leer Noticias cerca de ti CercaJuegos Jugar