Galicia, a única comunidade con axudas directas para a ELA
A Xunta concede subvencións de 12.000 euros a cada solicitante para adquirir material ou facer reformas
Familiares e doentes de ELA, na catedral de Santiago de Compostela, con representantes da Xunta de Galicia. // LOC
B.C
A Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) é unha efermidade neurodexenerativa progresiva para a que actualmente non hai cura e que, ademais, é altamente incapacitante. Estímase que cada doente debe facer fronte a un custo duns 3.000 euros mensuais para a compra de produtos adaptados, mobiliario ou mesmo para sufragar os seus coidados.
As asociacións de persoas afectadas por esta enfermidade veñen reclamando unha resposta por parte das Administracións, unha cuestión petición á que, ata o de agora, só Galicia está a dar unha resposta efectiva e directa.
No ano 2022 a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, aprobou unhas axudas directas a doentes de ELA por un importe de 12.000 euros para cada solicitante para que poda facer fronte a parte dos elevados gastos asociados a esta enfermidade, tanto para a adquisición de material ou para reformas no fogar, entre outros. Deste xeito, Galicia converteuse nun referente na atención ás persoas con esta enfermidade neurodexenerativa.
Tratamento a un doente de Esclerose. // LOC
As axudas económicas volverán a estar vixentes por terceiro ano consecutivo no vindeiro 2025. Unhas achegas para as que só é preciso estar empadroado na comunidade, ter a maioría de idade, contar cunha solicitude de valoración da dependencia e un diagnóstico de ELA. Ata o de agora en Galicia estanse a beneficiar 200 persoas cada ano.
Ademais desta achega, a Xunta conta con outros procesos de mellora na atención ás persoas con esta doenza. Neste senso, a administración autonómica lembra que as persoas afectadas por esta enfermidade contan en Galicia cunha vía preferente para a solicitude da dependencia, de xeito que se poden tramitar en menos dun mes, a habilitación dun proceso clínico para axilizar o diagnóstico desta enfermidade.
Ata o de agora en Galicia estanse a beneficiar destas axudas 200 persoas cada ano
Subvenciónanse múltiples gastos que van desde o máis básico, como pode ser a alimentación e os coidados, ata outros de maior investimento, pero tamén necesarios, como melloras na vivenda habitual. Os beneficiarios poden comprar con esta axuda sumplementos nutricionais; os servizos asistenciais especializados como pode ser a fisioterapia, a terapia ocupacional, ou o logopeda; adquirir produtos de apoios destinados á mobilidade persoal, ao aseo, á comunicación ou á manipulación de obxectos, entre outros; melloras de accesibilidade que se teñan que realizar nunha vivenda; e a compra dun vehículo adaptado.
Os requisitos para poder recibir esta subvención son estar diagnosticado de ELA, rer recoñecida ou solicitada a situación de dependencia, levar un mínimo de 6 meses empadroado en Galicia e ter máis de 18 anos.
Ademais, como novidade neste ano 2024, os afectados pola Esclerose Lateral Primaria e a Amiotrofia Espiral Progresiva tamén puideron beneficiarse destas axudas do Goberno galego de ata 12.000 euros anuais.