-Unha vez denegado por Costas o Concello vaino mandar á Xunta. Conseguirase un resultado positivo con esta opción?

-Creo que sí. Tardamos tanto en facer isto público porque queríamos consensuar coa Secretaría de Urbanismo de como vamos presentar ese documento. Como delimitamos? Hai que chegar a un acordo coa Xunta.

-Dixo que a modificación urbanística pode tardar sobre un ano. Que pasará nese tempo coas vivendas e os derribos?

-Nas vivendas supoño que a Xunta manterá a moratoria. Se hai algunha cousa que veña dos xuíces xa está noutro plano distinto.

-Saben de algunha casa con orde do xulgado?

-Pode haber algunha. Iso vai ser o que diga o xulgado. Hai casas que teñen senteza firme e se mandan executala a Xunta terá que facelo. Só un xulgado mandou executar. Os do contencioso non están mandando a ninguén. Non usan o mesmo criterio. Prefiren esperar a que se produzan os cambios. E se despois cae algunha casa, mala sorte. Non vai caer ningunha casa con licenza.

-En Suevos hai poucas casas con licenza.

-Hai poucas con licenza, pero hai moi poucas en perigo de derribo. Vivendas hai catro e dúas entra na delimitación. E as outras dúas están aí.

-Esas casas son as que quedan máis alonxadas cara o cabo?

-Unha é ao lado da que tiraron. Hai casas que quedan fóra pero non quere dicir que as vaian demoler. Hai que pensar que o Concello de Arteixo en rústico non ten ningunha competencia. Que ocorre con esas casas? O que decida a Xunta. Vamos facer o documento para metelas nun núcleo. Mentres non estean metidas nese núcleos somos meros observadores. Aquí pedimos, pero non temos competencias en Costas. Algunhas casas quedarán fóra porque non forman núcleo.

-Que pasa se a Xunta contesta negativamente?

-Estamos barallando esta posibilidade. Despois deles están os contenciosos. De feito a resolución que nos mandan está collida con pinzas. Se a segunda volta din que non quédanos o contencioso-administrativo. É un tema que facilmente pode chegar ao Supremo. Haberá que casar as resolucións que haxa en Andalucía, Valencia, País Vasco coas de Galicia.

-A situación seguirá como ata agora?

-A situación agora non é moi preocupante. Hai esa moratoria mentres estamos traballando. No momento no que nos crucemos de brazos a moratoria acabarase.

-A situación cambiará?

-Era previsible porque estiveron facendo as mesmas subsanacións a todos os municipios. E ao final só aceptaron as dos que tiñan planeamentos agresivos e delimitados. É o caso de Porto do Son e Marín. En cambio Muros que tivo planeamento en 2010 está nunha situación parecida á nosa. Galicia era o menos preocupante. Aquí non temos unha Marbella ou un Alicante. Arteixo terá mil defectos pero abuso da costa non temos. Temos a máis virxe da área metropolitana da Coruña. Que pregunten a Oleiros, que si ten carga na costa.

-Pero as novas de derribos son en Arteixo.

-Xa, pero non ten nada que ver. Ao mellor no outro sitio nin sequera se tramitaron os expedientes.

-Pode entender que a xente de Suevos non entenda que legalicen a antiga Ártabra e non as casas?

-A xente do Porto de Suevos está concienciada. Se hai algunha nota mal sonante son aqueles que saben que o fixeron mal. O resto da xente sabe quen ten perigo e quen non. Ti se levas oito anos pleiteando e esperas que o Concello chegue e o solucione todo cunha varita máxica é moi difícil. Os que non pleitearon e non tiveron expediente están moi tranquilos. En Suevos hai dous tipos: os que lle dixeron que pararan e as pintan e pouco máis e as manteñen as casas para poder vivir e outros que levan o camión de hormigón. Eses teñen perigo? Home, si.

-Dende 1988 ata agora duplicouse o número de vivendas do Porto de Suevos. Como é posible?

-Por eso andan tirándoas.

-Pero non é algo que apareza da noite para a mañá.

-Aparecían en dúas fines de semana. Hai que diferenciar entre os que están entre os 100 metros, que teñen a espada de Damocles porque aí non caduca nada e está encima Costas. E os que están a máis de 100 metros se o expediente non se resolveu en seis anos está caducado. O problema está nos primeiros 100 metros, salvo unha que fixeron no 2007. Os outros están todos caducados. A maior parte da xente non ten que estar preocupada. Hai tres vivendas e dous galpóns. Algunha quedará dentro. Ao mellor quedan fóra dúas casas no limbo. Eu o que non vou é perxudicar un documento por coller dúas casas ilegais. Colleremos o que nos mande a lei estrictamente co beneplácito das outras administracións.

-E no resto de núcleos?

-Só hai unha en O Reiro unha casa que se sae fóra da delimitación. Ten orde de demolición. É cuestión da Xunta. Os da hormigonera hai tres anos aínda escapaba algún. O único sitio onde houbo conflito foi Suevos. Foi onde máis se construíu e máis cousas pasaron. Alí tiraron dúas casas e hai en perigo dúas máis. Iso non é nin un 5% do alí construido. Todos eses expedientes se os miras agora parecen unha inxustiza, pero se miras cando naceran é outra cousa. Eles mesmos estaban mentalizadísimos. A que se tirou non estaba terminada por dentro. Se estivera convencido terminábaa. O primeiro estaba convencido de que fixera ben.