A IV Semana do Cinema Galego ofrecerá seis días de proxeccións na Coruña en marzo
O acceso as sesións que se desenvolverán no Teatro Colón será de balde, con reserva previa de entradas, que se activará en datas próximas á súa celebración

Interior do Teatro Colón da Coruña, onde se celebrará a IV Semana do Cinema Galego.
RAC
A IV Semana do Cinema Galego regresa á cidade da Coruña Do 14 ao 19 de marzo co ánimo de festexar unha grande celebración cinematográfica non competitiva en Galicia. A Coruña volverá ser a anfitrioa do talento audiovisual galego e consolídase como sede desta cita impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), que conta co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña.
Durante seis días o Teatro Colón acollerá as proxeccións, cunha programación que xunta o máis salientable da produción audiovisual galega do último ano.
Logo da boa acollida da última edición, con máis de 3.000 espectadores que encheron os pases dos dez filmes proxectados, a Semana do Cinema Galego repite fórmula e aposta de novo por poñer o foco no encontro entre público e artistas, tal como destacan os promotores da cita. O acceso as proxeccións do encontro será de balde, con reserva previa de entradas, que se activará nas datas próximas á súa celebración.
- El restaurante de A Coruña en el que puedes comer hasta reventar por 13 euros: 2 platos, postre y bebida incluída
- Una librera de A Coruña estalla tras sufrir la estafa de este autor: 'Non vas ver un céntimo
- El Concello de A Coruña detecta 'daños estructurales' en la pasarela entre las estaciones
- Esta es la línea de bus que más emplean los jóvenes de A Coruña, y no es la de Marineda
- Cooperativistas de Xuxán: «Este es un modelo fallido, somos prestamistas de la Xunta»
- Así eran los escaparates de Zara en los inicios del imperio Inditex: Gallinas vivas y el niño que salió corriendo con un conejo
- Xunta y Concello de A Coruña postergan la negociación sobre la terminal de bus a abrir la intermodal
- Y Moncho volvió al Lautrec