“O Sindicato de Limpieza dá á empresa paz social: o empleado ten medo a represalias, colle, cala e traga”

“Falamos coa concelleira en 2019 e díxonos que isto ía cambiar, pero non pasou nada”

O membro da CIG Carlos Castro.   | // CASTELEIRO/ROLLER AGENCIA

O membro da CIG Carlos Castro. | // CASTELEIRO/ROLLER AGENCIA / Enrique Carballo

Carlos Castro é o representante da CIG no comité de empresa da UTE A Coruña Limpieza, no que é maioritario o Sindicato de Trabajadores de la Limpieza (STL). Varios membros deste, entre eles o seu secretario xeral, Miguel Ángel Sánchez, están acusados de cobrar mordidas por traballar e de corrupción.

Canto leva na empresa?

Desde o 88, estiven no comité de empresa coa CIG, e despois foi cando este señor [Sánchez] tivo un problema coa CIG e tivo que marchar, Fun con el, pero fai sete anos, vindo a deriva, marchei de STL.

Antes non había mordidas?

Vías pequenas cousas, pero isto da contratación debeu empezar hai uns seis ou sete anos. Ata o daquela non pasaba nada. Daquelas se procuraba que entrasen familiares dos traballadores, fomos a xuízo porque nos denunciaba UGT...

A Policía céntrase en Sánchez.

Si, é quen controla todo. El é o que manda a unha persoa a finais de mes cos nomes e di este para o mes traballa, este non traballa. Segundo din, ti levabas o currículum a Imprego, á empresa da muller [de Sánchez], e alí che dicían se o levabas á UTE para traballar ou non.

Que saca a emprega disto?

Paz social. Que non lle montes follóns. Cando empezou na concesión tiña instalacións que denunciamos á inspección de traballo que non cumprían a normativa, de feito hai unhas escaleiras que a inspección dixo que non se podían usar. E as instalacións aínda son deficitarias. Porén, aquí non pasou nada porque o que tiña que moverse, o comité de empresa, daba todo por ben feito. Nunha reunión co AGA [para a solución extraxudicial de conflitos de traballo] o comité defendía á empresa máis que a propia empresa ante as autoridades.

Afirman que os salarios estiveron paralizados de 2019 a 2022.

Porque non lle interesaba.

En 2022 houbo ameaza de folga e campaña de sabotaxes no servizo de recollida de lixo, tamén con maioría de STL. Subiron os soldos.

Un 17% para cinco anos. Sae unha media do tres e medio por ano, cando xa ves como está o IPC. Como traballadores, perdemos un poder adquisitivo moi grande.

O sindicato USO denunciou que os traballadores que non estean co STL son prexudicados.

Si, si. Aquí estás comigo ou estás contra min. Estamos nos tempos de Al Capone. Houbo despidos dun traballador que levaba catro anos, nunca tivo problema mentres estivo afiliado a STL. Marcha para USO e á semana apareceulle unha sanción de despido por mal varrido.

Pero perdeu o xuízo.

Si, aí perdeuno. Estás na rúa varrendo, alguén vén detrás, tira unha bolsa de lixo. O capataz saca unha foto, di que non varriches e é a túa palabra contra a del...

A Policía acusa a Sánchez de lucrarse a través da empresa Inusvalia, que leva traballadores á UTE.

Esta empresa créase por maio, xuño de 2021, e en agosto-setembro xa está traballando para a UTE.

Reforza o servizo. Como se facía antes de que entrase?

Con xente contratada. Por exemplo, para os turnos da tarde de desbroce había unha cuadrilla, agora faino Inusvalia. Externalizaron traballos.

Esta empresa aporta máis de trinta traballadores, descendeu a plantilla da propia concesionaria?

Os fixos estamos fixos, pero deixas de contratar xente directamente e metela por Inusvalia. O Concello non controla, que debía facelo, e se non queda mellor, queda peor.

Sinalan que denunciaron a situación a este Goberno local e a Marea.

Temos a acta entregada a Marea solicitando que se faga unha bolsa pública de traballo. Coa concelleira actual de Medio Ambiente, Esther Fontán, estiven en dúas xuntanzas, a primeira en novembro de 2019, e se lle plantexou a problemática. Todo foron boas palabras, que o Concello ía controlar todo isto, que isto ía cambiar, pero non cambiou nada.

Tamén afirman desde a CIG que hai deficiencias no servizo.

Falta xente en todos os turnos. Temos oito distritos de varredor, ao mellor en cada caseta falta un; esta noite lavaron esta rúa, e ao día seguinte non se barre, vas facer outra. Pola noite faltan peóns, mandáronos para o día porque non había xente, os choferes fan tarefas de peón.

En Ourense a CIG afirmaba que o STL decidía quen se contrataba na concesionaria de limpeza, pero só na cuota que lle correspondía á empresa FCC. Esta está tamén na UTE A Coruña Limpeza.

Aquí é todo por FCC.

Porque é maioritaria.

Si, a outra [Ingeser], ten o 20%.

En Ponferrada tamén está Inusvalia, traballando con FCC. Ten que ver a trama do STL coa empresa?

Obviamente. Inusvalia antes non existía, agora en FCC aquí entendemos que foi cando empezou todo. En Gran Canaria, a mesma persoa que está responsable de Inusvalia apareceu como xerente dunha empresa de inserción laboral. Tamén está FCC. Está todo vencellado a FCC, que ten unha paz social, os traballadores perdemos, e dous gañan.

STL gana as elección sindicais.

Segundo estás na fila para votar danche un sobre xa coa súa papeleta. Cando estamos na mesa hai asesores que están controlando se votas o sobre que trouxeches. Están moi manipuladas as eleccións. A xente ten medo, de que a cambien, de represalias, colle, cala e traga.

Suscríbete para seguir leyendo