Case 300 docentes poderán mellorar a súa formación en cinco países estranxeiros
B. C. [ a coruña]
A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do programa PIALE para a realización de actividades de formación do profesorado no estranxeiro en dúas modalidades, ben integrándose na vida escolar dun centro educativo fóra de España (130 prazas); ben realizando un curso de idiomas no estranxeiro (160 prazas).
Pode participar nesta convocatoria o profesorado de inglés, francés , alemán ou portugués de Infantil, Primaria, Secundaria, FP e Ensinanzas de Réxime Especial, así como os docentes de materias ou módulos non lingüísticos impartidos en linguas estranxeiras destas etapas educativas.
No primeiro caso, establécese un Itinerario formativo en dúas fases. Na fase A, de 100 horas, o docente integrarase na vida escolar de centros de ensino de centros escolares de Canadá, Francia ou Portugal no primeiro trimestre do curso 2023/24. A fase B, de 25 horas, consistirá na difusión da experiencia adquirida mediante a elaboración dunha memoria e dunha proposta didáctica como recurso educativo aberto. No caso da segunda modalidade, a primeira das fases, de 50 horas, correspóndese coa realización dun curso de formación de dúas semanas de duración nun país estranxeiro (Reino Unido, Francia, Portugal ou Alemaña), que se desenvolverán no mes de xullo de 2023. Na segunda fase, de 25 horas, o docente elaborará unha proposta didáctica como recurso educativo aberto sobre a súa experiencia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta. O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde o Portal Educativo. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de maio.
- El pulpo gallego abandona las pescaderías y plazas tras la venta en lonja de 1.445 toneladas
- Ofensiva del Estado contra la Xunta: en una semana pone en duda la validez de cinco normas
- Calendario escolar curso 2024-2025 en Galicia: consulta las vacaciones escolares del próximo año académico
- Las pruebas para bomberos: no miden la valía para la profesión, excesivas y pensadas para ellos
- Luis Lago Lage sustituye a José Manuel Lage Tuñas en la secretaría de Organización del PSdeG
- El Constitucional avala por unanimidad la Ley del Litoral de Galicia
- Bruselas cree que prorrogar la AP-9 hasta 2048 solo perseguía vender el vial más caro
- Bono Activa Comercio 2024: cómo se solicita y en qué tiendas se puede utilizar