Denunciado un menor nas Festas do Mar de Malpica por levar sustancias presuntamente para a submisión

Os feitos ocorreron este venres de madrugada na localidade bergantiñá

Denunciado un menor nas Festas do Mar de Malpica por levar sustancias presuntamente para a submisión

Denunciado un menor nas Festas do Mar de Malpica por levar sustancias presuntamente para a submisión

Axentes de reforzo da Policía Local de Malpica, incluíndo tamén efectivos de Muxía, Carnota, Cerceda e Tordoia, denunciaron a un menor nas Festas do Mar da localidade bergantiñá que portaba catro frascos que presuntamente contiñan nitrito ou popper, sustancias que poden seren empregadas para a submisión química, anulando a vontade das vítimas.

Os feitos ocorreron sobre ás 02.00 horas deste venres, e o mozo foi identificado e denunciado en base á Lei da Seguridade Cidadá ante a Subdelegacion do Goberno en A Coruña.