-Que lle parece o acordo?

-A miña opinión é moi positiva. E está apoiado pola asemblea e a coordinadora. Estranoume a postura da concelleira. Ela saberá.

-Di que non se debatiu e non afonda no programa do grupo.

-Pero si a asemblea e a coordinadora están dacordo... Na xuntanza non dixo nin pío. Eu estou totalmente dacordo. E si non estivera e o aprobaran a asemblea e a coordinadora, teño que estar ou marchar.

-Ela di que vai marchar.

-Igual está artellando algo para En Marea. Non é que nós foramos por libre e ela non teña posibilidade. A asemblea decide.

-Como vería un pacto de Goberno? Vostede repetiría.

-Desas cousas opinaría na asemblea, que é quen decide.

-Vanno levar á asemblea?

-En principio nestas primeiras non hai nada diso. Hoxe [por ontes] saiu por preguntas dos xornalistas. Habería que ver qué é o bo para Marea Veciñal. Estamos para que esto funcione, non para poñer trabas a todo e paralizar. Eu non poño pegas a que sí ou que non, que o decida a asemblea.

-Nunca se falou? Non o creo.

-Fálanse moitas cousas. Pero hai que falalo primeiro coa coordinadora e, si o ve bo, ir á asemblea.

-Non dixeron en campaña que non apoiarían ao PSOE?

-Outra xente andaba dicindo que tíñamos o pacto feito, e non era verdade. Íamos ver. De feito, van dous anos e non pactamos. Despois, se como agora, se aceptan as propostas e hai unha negociación...

-O PSOE propúxollo?

-O mais parecido foi hoxe [ontes]. Creo que Julio está interesado. Pero en dous anos como o vería a xente? De momento imos ver como se desenvolve este acordo. Non é a nosa ansia gobernar.