18 de mayo de 2018
18.05.2018

Que fai a comarca polas Letras?

A celebración do 17 de maio rexistra desde concellos sen actos aos que apostan polo folclore ou aos que fan un programa amplo, caso de Sada

18.05.2018 | 12:55
Baile en Culleredo, presentación de libros en Sada, música en Bergondo.

No Medievo o galego era a lingua da lírica en practicamente todo o Estado español e falábase nas cortes reais. En tempos de perda progresiva de falantes, hai que lembralo e falalo máis ca o 17 de maio. Pero o 17 de maio tamén. Na comarca coruñesa os concellos fan unha exaltación moi dispar deste día, desde os que non programan nada ata os que apostan polo folclore ou os que si fan unha programación completa coma Sada e Bergondo.

Na Casa da Cultura de Sada presentáronse onte tres libros escritos por sadenses o ano pasado e cantou Bea a da Estrela. Despois, unha compañía teatral representou unha obra inspirada na autora homenaxeada este día, María Victoria Moreno. Ademais mañá sábado o mago Martín Camiña fará un espectáculo de maxia en lingua galega.

O Concello tamén organizou dous concursos, Café con Verbas e un de encher de versos os escaparates. Tamén completo, e relacionado coa fala, a literatura e Victoria Moreno, é o programa de Bergondo, que onte incluiu actuación de gaiteiros e unha ofrenda floral pero que xa viña festexando dende o 14 de maio con espectáculos de poesía e teatro para escolares e un obradoiro.

Carral apostou por instalar paneis sobre a vida e obra da escritora polas rúas. Culleredo trouxo á Feira de Artesanía a grupos folclóricos. Betanzos programou un espectáculo infantil sobre a historia do idioma galego. En Abegondo houbo danza clásica e galega. Cambre programou unha obra de teatro. En Arteixo unha asociación, Triskell, se responsabilizou de organizar unha exposición sobre a escritora, lectura de poemas e merenda. En Oleiros non se programou nada para onte, mais haberá un espectáculo o domingo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine