A parroquia de Dexo festexará o próximo fin de semana o San Antón (mañá é o día). O venres día 15 organiza a Festa da Cervexa ás sete e media da tarde e despois unha Degustación de Langostinos á Plancha. Sobre as dez da noite comezará a verbena coa orquestra Miramar.

O sábado haberá dianas e alboradas ás oito da mañá e á unha misa solemne na honra do San Antón coa agrupación O Amanexo de Dexo, antes da sesión vermú. Sobre las oito e media da tarde empezará unha Pulpada e sobre as dez da noite actuará a coñecida orquestra Os Satélites.

As festas de San Antón da parroquia de Dexo rematarán o domingo día 17 cunha sesión vermú ás dúas da tarde e despois unha Churrascada, que chega á edición número dezasete.

Pola tarde, sobre as cinco, haberá unha Festa dos Nenos, que ofertará aos máis cativos animación, globoflexia, inchables e festa da escuma, entre outros, e todos eles gratuitos.