O deputado do BNG no Parlamento galego Xosé Luís Rivas reuniuse con concelleiras das Asembleas Abertas de Curtis para estudar accións conxuntas fronte á instalación do parque eólico de Pena Ombra de Greenalia, co que se poñerán dez aeroxeneradores entre Curtis, Xobrado e Guitiriz. O deputado sinalou que ao ver este proxecto e outros na mesma zona (Gato, Penas Boas, Felga) compróbase a “interdependencia coa que traballarían, compartindo estruturas”, o que indica que parten os plans de forma “fraudulenta”.