O Nadal na Coruña

Papá Noel e os Reis Magos regresan ás rúas coruñesas

Os coruñeses poden participar desde mañá no sorteo para formar parte da Cabalgata o próximo 5 de xaneiro ás 18.00 horas

Alumeado de Nadal no Cantón e rúa Real.   | // VÍCTOR ECHAVE

Alumeado de Nadal no Cantón e rúa Real. | // VÍCTOR ECHAVE / B. C. [A Coruña]

B. C. [A Coruña]

Hai catro protagonistas nestas festas de Nadal que enchen os fogares e as rúas de ilusión, maxia e tamén agasallos. Papá Noel, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán as casas dos nenos e nenas da Coruña, pero antes percorrerán as rúas e os centros cívicos para coñecer os desexos dos máis pequenos.

A Cabalgata do Reis Magos, o 5 de xaneiro, é un das datas máis importantes de esta época.O Concello abre mañá, luns 19 de decembro, a convocatoria para a participación de figurantes na Cabalgata do 2023, que comezará ás 18.00 horas. O número de prazas ofertadas como figurantes é de 235, e poden optar ás mesmas as persoas menores de idade que, a día 1 de xaneiro de 2023, teñan unha idade comprendida entre os 6 e 11 anos.

O rei Melchor na Cabalgata do ano pasado.   | // CARLOS PARDELLAS

O rei Melchor na Cabalgata do ano pasado. | // CARLOS PARDELLAS / B. C. [A Coruña]

O período de solicitude de participación dará comezo o luns 19, ás 8.00 horas, e finalizará o mércores 21, ás 14.00 horas. As solicitudes en cuestión poderán formalizarse a través do formulario que estará habilitado na web do Concello. A publicación da listaxe provisional de persoas solicitantes terá lugar o día 23, na web do Concello. Abrirase entón un prazo de alegacións ata o día 26, ás 23.59 horas. A listaxe definitiva emitirase o día 28. Será o paso previo á asignación das prazas ofertadas, que serán adxudicadas a través dun sorteo que se realizará o día 29, ás 12.00 horas, nas dependencias municipais da área de Cultura, na avenida da Mariña.

A Coruña será tamén unha parada para Papá Noel. Os días 21, 22, 23 e 24 de decembro, xunto aos seus elfos, acudirá a María Pita para coñecer aos nenos e nenas da cidade. Percorrerá tamén os centros cívicos de Visma, Sagrada Familia, Feáns e Santa Margarida (22 de decembro); e Santa Lucía, Pescadores, A Silva e Artesáns (23 de decembro).

Actuación musical no Pazo Municipal.   | // CARLOS PARDELLAS

Actuación musical no Pazo Municipal. | // CARLOS PARDELLAS / B. C. [A Coruña]

Campamentos

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá organiza os Campamentos de Nadal nos centros cívicos da cidade, unha proposta orientada a favorecer a conciliación familiar durante as próximas vacacións escolares. En total ofrécense 525 prazas para os nenos e nenas nadas do 01/01/2010 ata o 31/12/2018, ás que se suman 15 prazas máis para menores con necesidades especiais. O prezo dos campamentos será de 26 euros para o horario xeral de 10.00 a 14.00 horas e de 32 euros para o horario ampliado de 9.00 a 14.30 horas. Todos os campamentos desenvólvense de luns a venres. Os campamentos darán comezo o día 23 de decembro en cada un dos centros cívicos e prolongaranse de luns a venres ata o 5 de xaneiro.

Obradoiros

A diversión continúa cos moitos obradoiros que o Concello ten preparados para estas festas. Hoxe, ás 12.00 horas, nenos e nenas aprenderán a facer picaportes e adornos para o árbore de Nadal no iglú de María Pita. O día 22, a actividade centrarase na elaboración de gomas de borrar, piruletas e centros florais. Despois haberá obradoiros de grilandas e decoración de bolsas de agasallo (día 23), chapas do Nadal e origamis (día 24), de reciclaxe (día 25), instrumentos musicais (día 26), de amigo invisible (día 28) e de feltro (día 29), entre outras moitas cousas que se poden coñecer en María Pita. Para participar hai que inscribirse de xeito presencial no iglú ou no teléfono 681 094 023.