O Nadal na Coruña

A Coruña, 37 días de celebracións

A cidade conta cunha programación cultural e de ocio moi ampla en todos os distritos» Obradoiros, concertos e teatro para todos os públicos

O iglú da praza de María Pita.   | // VÍCTOR ECHAVE

O iglú da praza de María Pita. | // VÍCTOR ECHAVE / B. C. [A Coruña]

B. C. [A Coruña]

O Nadal é tempo de festa e o Goberno de Inés Rey reforzou a programación cultural e de ocio en todos os distritos con máis de 60 eventos, entre concertos, actuacións teatrais, festas e obradoiros infantís que se levarán a cabo en rúas, centros cívicos e instalacións municipais como o Fórum Metropolitano e o Ágora.

Serán 37 días consecutivos de celebracións e espectáculos nos que a axenda cultural e de ocio, así como de eventos deportivos, chegará a todos os barrios da cidade.

  • O novo Mercado de Nadal da praza de María Pita conta con 25 postos de artesanía, así como de entidades do terceiro sector que darán a coñecer a súa actividade. A posta en marcha do Mercado de Nadal, que conta co apoio da Asociación de Artesáns de Galicia, lévase a cabo coa colaboración do tecido asociativo da cidade baseándose en dous obxectivos, sinalou a alcaldesa, Inés Rey: “Axudar á dinamización económica do pequeno comercio e, por outra banda, promover a concienciación sobre realidades da nosa sociedade, como as doenzas mentais ou a atención ás persoas con dependencia”. O Mercado de Nadal estará aberto todos os días, de luns a domingo (de 11.00 a 14.00, e de 16.30 a 21.00 horas), a excepción do día 25, que ficará pechado, e os días 24 e 31, nos que abrirá á cidadanía de 11.00 a 15.00 horas. Tamén hai obradoiros infantís no novo iglú situado na contorna do Mercado de Nadal. Os talleres, para os que será precisa inscrición previa e que rematarán o día 30 de decembro, abranguen a elaboración de traballos manuais como adornos florais e instrumentos musicais. Tamén achegarán os máis pequenos á cociña de Nadal.

A expansión da programación cultural polos barrios da cidade contempla espectáculos para todas as idades. Ao aire libre, coas Ruadas de Nadal que chegarán á Agra do Orzán, O Ventorrillo, Sagrada Familia, Os Mallos e Palavea, entre outros, e o teatro e circo a pé de rúa do Nadal Manicómico, que terá presencia en Catro Camiños e Matogrande.

Ata comezos de xaneiro, A Coruña contará cunha ampla programación de concertos e espectáculos teatrais. “A cidade vibrará con Carlos Núñez no Teatro Colón, co Ciclo Principal de Outono e Blanca Portillo no Teatro Rosalía de Castro, co Festival de Monicreques de Nadal do Fórum Metropolitano e, en paralelo, concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Gaos e as corais da cidade, así como dous concertos conmemorativos polo 175º aniversario da fundación do Círculo de Artesáns”, detallou Rey.

PROGRAMACIÓN NADAL A CORUÑA

18 de decembro

12.30 horas. Concerto da Banda Municipal e Coro Cantabile | Teatro Colón

De 11.00 a 14.00 horas. Ruada de Nadal con ‘Elfie o Elfo’ | Sagrada Familia

Desde ás 18.00 horas. Concertos de Nadal das corais da Coruña | Praza de María Pita

20 de decembro

18.00 horas. Concerto do Coro Xove da Sinfónica de Galicia | Salón de actos do CHUAC

21 de decembro

De 16.00 a 18.00 horas. Visita de Papá Noel e os seus elfos | Pazo Municipal de María Pita

20.00 horas. Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica | Pazo da Ópera

22 de decembro

18.00 horas. Espectáculo de maxia de Nadal | Praza de María Pita

20.30 horas. Concerto da Orquestra Gaos e Abraham Cupeiro | Teatro Colón

23 de decembro

12.00 horas. Maquillaxe de Nadal | Praza de María Pita

16.30 horas. Teatro e circo de rúa no Nadal Manicómico | Xardíns de Méndez Núñez

17.00 horas. Obradoiro ‘Xogar sen xoguetes’ | Casa dos Xoguetes

18.00 horas. Contacontos de Nadal | Praza de María Pita

18.00 horas. Festival de Títeres de Nadal | Fórum Metropolitano

24 de decembro

16.30 horas. Teatro e circo de rúa no Nadal Manicómico | Cúpula de Eirís

18.00 horas. Baile dos Elfos de Nadal | Praza de María Pita

25 de decembro

12.00 horas. Espectáculo de maxia de Nadal | Praza de María Pita

19.00 horas. Obradoiro de Nadal | Praza de María Pita

26 de decembro

12.00 horas. Obradoiro de instrumentos musicais e cociña saudable | Praza de María Pita

17.00 horas. Festa infantil cos Reis Magos | Centros Cívicos de Labañou, Cidade Vella e Castrillón

18.00 horas. Festival de Títeres de Nadal | Fórum Metropolitano

27 de decembro

De 11.00 a 14.00 horas. Ruada de Nadal con ‘Elfie o Elfo’ | Segunda fase de Elviña

12.00 horas. Fabricación de xoguetes con refugallo | Casa dos Xoguetes

17.00 horas. Festa infantil cos Reis Magos | Centros cívicos de San Diego, Monelos e Os Rosales

18.00 horas. Festival de Títeres de Nadal | Fórum Metropolitano

28 de decembro

12.00 horas. Baile con Elfos | Praza de María Pita

17.00 horas. Festa infantil cos Reis Magos | Centros cívicos de Mesoiro, Monte Alto e Eirís

18.00 horas. Fotomatón de Nadal | Praza de María Pita

19.00 horas. Circo Galtük: ‘Onde nacen os soños’ | Teatro Colón

20.30 horas. Concerto dos coros Infantil e Xove da Sinfónica | Igrexa San Nicolás

29 de decembro

12.00 horas. Contacontos infantil | Casa dos Xoguetes

12.00 horas. Obradoiro de adornos de feltro | Praza de María Pita

16.30 e 19.00 horas. Circo Galtük: ‘Onde nacen os soños’ | Teatro Colón

18.00 horas. Maquillaxe de Nadal | Praza de María Pita

18.00 horas. Festival de Títeres de Nadal | Fórum Metropolitano

20.30 horas. Ciclo Principal de Outono | Teatro Rosalía de Castro

30 de decembro

11.00 horas. Ruada de Nadal con ‘Elfie o Elfo’ | Os Mallos

12.30 e 16.30 horas. Circo Galtük: ‘Onde nacen os soños’ | Teatro Colón

16.30 horas. Teatro e circo na rúa no Nadal Manicómico | Praza Fábrica de Tabacos

18.00 horas. Karaoke de Nadal | Praza de María Pita

31 de decembro

De 12.00 a 14.00 horas. Badaladas e uvas | Praza de María Pita

16.30 horas. Teatro e circo na rúa no Nadal Manicómico | Palavea

16.45 horas. Carreira San Silvestre | O Parrote

2 de xaneiro

17.00 horas. Festa Infantil cos Reis Magos | Centros cívicos de Os Mallos e Novoboandanza

3 de xaneiro

17.00 horas. Festa Infantil cos Reis Magos | Centros cívicos de Palavea e Elviña

4 de Xaneiro

19.00 horas. Concerto de Reis coa Infantil da Sinfónica | Teatro Colón

5 de xaneiro

18.00 horas. Cabalgata dos Reis Magos | Percorrido pola cidade

7 de xaneiro

16.30 horas. Teatro e circo na rúa no Nadal Manicómico | Matogrande

8 de xaneiro

16.30 horas. Teatro e circo na rúa no Nadal Manicómico | Campo de Marte