‘Arredor do Pintor cego’, unha homenaxe a Xabier Docampo na Alexandre Bóveda

A agrupación lembra o autor no quinto ano do seu pasamento, con ilustracións e lecturas

Redacción

Xosé Cobas, Xavier Senín, Martin Pawley, María Canosa e Chus Fernández organizan na Agrupación Alexandre Bóveda unha homenaxe a Xabier P. Docampo, no quinto aniversario do seu pasamento. Será este luns, a partir das 19.00 horas, baixo o título Xabier P. Docampo, canda nós.

Lembrarán as súas creacións e falarán deste “home de pensamento libre, amante da literatura, dos libros” e defensor da lingua galega, renovador da literatura infantil e xuvenil, mestre e experto en bibliotecas escolares.

Logo desta homenaxe virá outra, a partir das 20.30 horas, coa inauguración da mostra de ilustracións de Xosé Cobas, Arredor do pintor cego, para poñer imaxes ao álbum homónimo de Docampo e que este non chegou a ver rematado.

A entrada é libre e gratuíta, no no primeiro andar do Circo de Artesáns.