A conciencia e a sostenibilidade teñen premio (e selo galego)

BBVA e El Celler de Can Roca distinguen aos 10 mellores produtores sostibles

As premiadas na edición de 2023 foron as fresas deshidratadas de Trasdeza Natur.

As premiadas na edición de 2023 foron as fresas deshidratadas de Trasdeza Natur. / BBVA

Galicia é terra ideal para o mellor produto e, especialmente, para tratar con mimo a súa materia prima. Así o demostra a fresa deshidratada de Trasdeza Natur, en Silleda, un dos dez gañadores dos Premios BBVA aos Mellores Productores Sostibles de España 2023. Esta iniciativa que conta coa colaboración dos irmáns Roca, ten como obxectivo o apoio aos produtores locais sostibles mentres se promociona a cociña sana e o uso da materia prima de tempada

Non é a primeira empresa galega que se fai con esta distinción, senón que segue a estela de Mirabel do Rosal, en Pontevedra, que en 2020 alzouse con este recoñecemento nacional ás súas técnicas de agricultura ecolóxica e o seu produto fresco: froita en almíbar, marmela e doce. “Este premio supón un recoñecemento ao noso esforzo por promover valores sostibles, e parte dunha iniciativa moi positiva para dar a coñecer productos singulares” comentaba Salvador Martínez, responsable de Mirabel do Rosal.

Este ano Galicia repite éxito dentro do Top 10 onde se premian iniciativas que, tamén, “teñen detrás historias exemplares” como destaca Alberto Cano, director de Pymes de BBVA en España.

María José Tallón, propietaria de Trasdeza Natur, comentou tras coñecer o seu nomeamento como unha das mellores empresas sostibles que se trata “dun apoio moi importante para lograr un mellor futuro, é potenciar unha forma de traballar, sostible e respectuosa”. 

A empresa pontevedresa, de Silleda, dedícase á produción de froita, aplicando diferentes criterios en materia de sostenibilidade.Para procesos como o premiado, a deshidratación da fresa, emplean un deshidratador solar, eficiente e autosuficiente, que depura e reutiliza a agua procedente do taller de procesado mediante unha lagoa de prantas, e o emprega para o riego por goteo na fase de produción. Ademais, transforman os residuos orgánicos en compost para a finca, e convirte os desperdicios alimentarios en novos produtos deshidratados.

Así, todos os galardoados destacan polas súas boas prácticas sostibles dentro de diferentes ámbitos, como o medioambietal, o pulo ao entorno rural, o relevo xeracional e a inclusión social, así como a búsqueda da sostenibilidade económica nos seus respectivos modelos de negocio

 Preto de 500 agricultores, gandeiros e produtores de alimentos presentaron as súas candidaturas ao longo das distintas edicións da iniciativa de BBVA e Can Roca, dos que 36 se convertiron en vencedores, logrando impulsar ventas las ventas, aumentar a produción e, especialmente, conseguir maior visibilidade dos seus produtos ecolóxicos.