Historias gravadas en pedra

Galicia está pragada de vestixios primitivos en forma de gravados en pedra e construcións neolíticas. Que fai da súa paisaxe o lugar ideal para estas misteriosas pegadas?

Galicia está repleta de misteriosas mámoas.

Galicia está repleta de misteriosas mámoas. / Marta G. Brea

Viaxar ao pasado só palpando a terra e a pedra é posible. Mentres que estamos acostumados a abraiarnos coas fortificacións dos castros, Galicia ten un pasado prehistórico que vai más aló dos guerreiros celtas e castrexos. Dende impoñentes dólmenes (ou mámoas) ata místicos e complexos petroglifos, están ao teu carón, na natureza, onde menos os esperas. Queres coñecer algo máis da (pre)historia de Galicia?

Os primeiros graffitis?

Os petroglifos son grabados rupestres feitos en pedra fai miles de anos, cun signficado aínda sen delimitar. En Galicia acumulamos algúns dos maiores xacementos, máis espectaculares e mellor conservados de toda Europa.

Laberintos, animais, guerrerros, deseños sen forma definida... enchen de misterio as rocas dos montes galegos. Esculpidos no granito fai máis de 4 mil anos aínda son visibles na actualidade (en ocasións, a erosión do tempo e as choivas poñen a tarea máis difícil).

O epicentro dos petroglifos en Galicia está no interior de Pontevedra, en Campo Lameiro e Cotobade, onde atopamos algunhas das composicións máis grandes e diversas deste tipo de graffitis primitivos. De feito, dende 2011, Campo Lameiro é sede dun centro de interpretación de petroglifos que cada ano recibe máis de vinte mil visitantes, e que conta cunha área de exposición sobre a vida na Galicia da Idade de Bronce e unha ruta que permite seguir a pe case 90 destes gravados naturais.

De feito, algunhas das mostras de arte rupestre máis coñecidas atópanse na zona sur de Galicia, como son o cervo da Laxe dos Carballos ou os laberintos conectados de Outeiro dos Cogoludos.

E é que toda a franxa atlántica galega conforma todo un museo ao aire libre, onde observar a arte ruprestre coma quen mira cuadros cubistas. constituye un gran museo al aire libre de arte rupestre. 

As construcións máis misteriosas

Ademais dos petroglifos, outros vestixios do pasado prehistórico de Galicia que enchen de maxia a súa paisaxe son os dólmenes ou mámoas: construcións en pedra que seguen en pé dende o neolítico.

Ben seguro que todos temos en mente o Stonehenge de Reino Unido, pero sabías que en Galicia podes visitar a chamada “catedral do neolítico galego”. Trátase do Dolmen de Dombate, que cun túmulo de 24 metros de diámetro ben gañou ese señorial título.

Outras maravillas que nada teñen que envexar ao círculo inglés son o Dólmen de Axeitos, impoñente e perfectamente conservado, e os que se concentran no Concello de Muiños: viaxamos catro mil anos atrás mentres desfrutamos a natureza!

Baixo as mámoas galegas, contan as lendas, hai escondidos faculosos tesoros, asociados ao carácter funerario con que se relaciona estas construcións.

Pero, por que Galicia conta con tantas construcións máxicas? A abundancia de rocas de granito, especialmente en forma de grandes losas, facilita a aparición tanto de petroglifos como de estas “edificiacións neolíticas”. Para os artistas primitivos, funcionaban coma lienzos en branco. Ogallá descubrir algún día as súas mensaxes ocultas!