"Queimamos a vida en defender a cultura do país"

A data adicouse neste 2023 ao escritor e “empresario do galego” Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego / Galaxia

Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010), Don Paco nas distancias curtas. Unha figura tan importante como oculta na historia da literatura en Galicia. O creador das Letras Galegas disfruta, por fin, do seu propio día, tras sustentar a galeguidade detrás do telón.

Nado en Lourenzá en 1913, foi un estudante brillante durante a súa niñez e adolescencia, rematando non unha, senón dúas carreiras universitarias: primeiro Dereito e, despois, Filosofía e Letras.Tras ingresar no Seminario de Estudos Galegos, participa en campañas electorais xunto a figuras como Castelao ou Alexandre Bóveda. Co comezo da Guerra Civil e a posterior victoria do bando franquista, trasládase a Vigo, onde comeza a colaborar con revistas e xornais, baixo diferentes pseudónimos. Neste tempo escribe ensaios como Historia da Literatura Galega ou Escolma da poesía galega.

Comprometido coa nosa cultura, como el dicía: “Queimamos a vida en defender a cultura do país”, no ano 1950 embárcase no proxecto da Editorial Galaxia, da que fou xerente durante moitos anos. T ras publicar e promocionar obras en galego nunha época onde aínda estaba condicionada pola dictadura, ese traballo incansable faino ingresar como membro da Real Academia Galega en 1960.

En 1963 promoveu no Faro de Vigo a súa idea de conceder unha data para posta en valor dunha biografía brillante da literatura galega. Propuxo o día 17 de maio xa que, nese momento, cumplíanse 100 anos dende que Rosalía de Castro levara á imprenta Cantares Galegos.

A partir desde momento, ó resto é historia: todos so anos e de xeito democrático, a Real Academia Galega elixe a un representante da nosa literatura para homenaxear o seu traballo.

Ademáis da súa labor como empresario, colaborou no Faro de Vigo e dirixiu a Revista Grial e a Fundación Penzol, e foi Presidente da Real Academia Galega, na que reformou os estatutos modernizando a institución.

Un verdadeiro traballador en prol da cultura de Galicia, sempre mantendo un paso detrás, pero imprescindible para o que é hoxe.