‘Fervedoiro gráfico’ en el Circo de Artesáns

‘Fervedoiro gráfico’ en el Circo de Artesáns | MIGUEL MIRAMONTES

‘Fervedoiro gráfico’ en el Circo de Artesáns | MIGUEL MIRAMONTES

O circo de Artesáns foi onte escenario dunha convocatoria peculiar, que mesturou as conxunturas das artes gráficas coa música. O Fervedoiro Gráfico, a “gala gráfica trepidante” organizada por Coruña gráfica, xuntou, “a fume de carozo”, a dez nomes da ilustración de ámbito local que compartiron experiencias sobre o seus respectivos traballos: Cristian F. Caruncho, Santy Gutiérrez, Roberto M. Soler, Héctor Francesch, Antón Lezcano, Inés Vázquez, Suso Cubeiro, Laura Blanco, Jorge Peral e Leandro, coa presentación de Manel Cráneo, participaron na iniciativa, que contou con mercadiño e con animación musical a cargo de Frank Astro.