Xerais entrega os seus premios preocupada pola perda de falantes

María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglexias recolleron os galardóns

Anxo Iglesias (1d), María Solar (centro) e Rocío Leira, onte.   | // MARTA G. BREA

Anxo Iglesias (1d), María Solar (centro) e Rocío Leira, onte. | // MARTA G. BREA / REDACCIÓN

RAC

Xerais entregou onte en Vigo os seus premios a María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias. O director da editorial, Fran Alonso, falou da preocupación pola perda de falantes en galego entre os novos do país. Pola súa parte, Sabela Hermida, lembrou que dos últimos 23 premios Lazarillo convocados, en once ocasións recaeron en autores galegos:“A prodixiosa literatura dun país pequeno”.

A gañadora do Xerais de Novela con A Culpa, María Solar, avanzou que nesta historia atoparemos un thriller máis psicolóxico. Rocío Leira (Premio Jules Verne con Cicuta para dous) dedicou o libro a “aqueles que se permiten o luxo de cuestionar as cousas”. Anxo Iglesias, Premio Merlín co poemario Unha nova dimensión, agradeceu a distinción cun poema sobre o veredicto. Pechou o acto ao recitar a Ismael Rego,Premio Nacional de Poesía.

Suscríbete para seguir leyendo