Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un total de 83 alumnos de 10 centros reciben premios polas súas ideas de negocio

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

B. C. [ a coruña]

Un total de 83 alumnos de 10 centros de ensino foron premiados no certame Atrévete a ter unha idea, unha iniciativa da Xunta de Galicia que promove desde hai unha década o emprendemento entre os escolares. A entrega celebrouse no Centro integrado de FP Politécnico de Santiago.

Este curso foron 733 alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1 e 2º de ESO de 25 centros os que participaron neste programa. Nas modalidades de Primaria foron galardoados estudantes dos colexios CEIP de Barouta (Ames), CEIP Plurilingüe Santa María (A Fonsagrada), CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade), CEP Dr. Fleming e CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (ambos de Vigo) e CEIP Saco e Arce (Toén). Nas de Secundaria recoñeceuse o traballo de alumnos do Instituto IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez), do Colexio CPR Plurilingüe Santo Ángel (Ourense), e dos institutos IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa) e IES Alexandre Bóveda (Vigo).

Enmarcado no Plan Eduemprende, o concurso ten entre os seus obxectivos promover as competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado; así como dar a coñecer ao alumnado o tecido industrial da súa contorna e as empresas das diferentes asociacións colaboradoras e dos centros punteiros e de referencia na Formación Profesional. De feito, o programa inclúe tanto visitas a asociacións empresariais para coñecer o seu funcionamento como a centros de FP.

Os máis de 700 participantes desta edición tiveron que buscar unha idea orixinal de negocio e redactala para poder formar parte do certame, no que a creatividade dos alumnos e alumnas xoga un papel moi importante.

TEMAS

Tracking Pixel Contents