Un premio á investigación escolar sobre patrimonio lingüístico e cultural galego
B. C.
A Xunta de Galicia e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convocan a XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, destinado a poñer en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino. Así o anunciou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a presidenta da dita Fundación, Concha Losada, que animaron o profesorado e a rapazada a participar nesta iniciativa “que pon en valor e visibiliza o patrimonio material e inmaterial galegos así como a lingua propia de Galicia, que se abordará a través da toponimia, a antroponimia ou a fraseoloxía”.
O proxecto inclúe dúas modalidades de participación (ensino primario e secundario) dotadas con cadanseus 7.000 euros destinados a materializar os proxectos gañadores durante o vindeiro curso escolar 2024-25 en colaboración co Museo do Pobo Galego.
Poderán participar, ata o vindeiro 1 de xuño, os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que impartan ensinanzas de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP ou Educación Especial.
O ámbito temático dos proxectos abranguerá un ou varios destes campos: etnografía, antropoloxía, xeografía, historia ou arte da contorna inmediata do centro e un capítulo, ou a liña do traballo, dedicarase a abordar algún aspecto lingüístico relacionado co tema proposto. Ademais, valoraranse as accións que fomenten a educación en igualdade e o coñecemento do patrimonio material e inmaterial relacionado cos Camiños de Santiago.
As bases completas da convocatoria deste premio, que celebra a súa 13 edición, poden consultarse a través do Portal da Lingua Galega, na que tamén se poden atopar outras axudas e subvencións
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Getafe FC - RC Deportivo, en directo hoy: partido de la Liga EA Sports en vivo | Casadó, única novedad en el once del Dépor
- El Deportivo abre la puerta a Teun Gijselhart: salida de última hora
- El verano resiste con playas llenas en A Coruña: esta es la previsión de sol (y también lluvia)
- El restaurante que desafía a la tortilla de Betanzos con una pizza que ya conocen 250.000 personas: 'Todo el mundo viene a por ella
- Getafe CF - RC Deportivo: Horario y dónde ver en TV y online la jornada 5 de LaLiga EA Sports
- Lourdes Suárez, trabajadora social de Arteixo con 40 años de dedicación: “Tú no eres la ayuda, sino el bastón para que consigan caminar”
- El Puerto de A Coruña duplica los ingresos por eventos de ocio desde 2022: los reyes son la Fundación Marta Ortega, la música y las hamburguesas