Aberto o prazo para inscribirse na terceira edición do programa 'Actívate' de Lugo
A Deputación ofrece ata mediados de maio en 18 concellos actividades gratuítas para todos os públicos vinculadas ao turismo activo, desde un raid de aventura ou escalada ata barranquismo

Actividad de surf de 'Actívate'
A Deputación de Lugo abriu o prazo para inscribirse nas actividades gratuítas do programa Actívate, unha iniciativa que a institución provincial desenvolve por terceiro ano consecutivo para promover o turismo activo, deportivo e de aventura nos concellos da provincia.

Presentación do programa da Deputación de Lugo
As persoas interesadas en participar xa poden anotarse cubrindo o formulario de inscrición que estará dispoñible na páxina web inscricions.deputacionlugo.orgou na de turismo.deputacionlugo.gal.
A programación arrancará este 15 de abril nos concellos de Guitiriz e Chantada, cunha ruta BTT e kaiak polo río, respectivamente. O domingo 16 de abril, os participantes poderán elixir entre paddle surf ou kaiak para realizar unha ruta polo río Sil, en Monforte de Lemos.
As actividades, gratuítas, comezan este sábado 15 de abril cunha ruta BTT por Guitiriz
As inscricións para as próximas actividades abriranse progresivamente todos os venres, ás 8 da mañá, cunha semana de antelación ao día de celebración de cada proposta.

Ruta en BTT en Guitiriz
O Actívate chegará nesta terceira edición a 18 concellos da provincia de Lugo durante as fins de semana dos meses de abril e maio. Contará cun total de 300 prazas, entre 15 e 20 por actividade, e ofrecerá propostas para todos os públicos.
A programación inclúe desde propostas deportivas para os máis atrevidos cun nivel medio-alto de dificultade, como un raid de aventura, surf, kaiak no mar, escalada ou barranquismo, ata iniciativas de dificultade media-baixa, como pode ser o cicloturismo histórico, o paintball ou a iniciación á equitación.
Durante a xornada, os participantes contarán cos materiais e equipamento necesario para levar a cabo a actividade, dun guía ou monitor especializado, e un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Sendeirismo en Xermade
Calendario de actividades
O calendario de actividades da terceira edición do Actívate nas próximas fins de semana, sábados e domingos de abril e ata o 14 de maio, é o seguinte:
ABRIL
-15 de abril: Ruta en bicicleta de montaña (BTT), en Guitiriz; e pola tarde Kaiak polo río desde a presa de Belesar, en Chantada
-16 de abril: Rutas en paddle surf e kaiak polo río Sil, en Monforte de Lemos
-22 de abril: Canoeing, en Ribadeo; e tiro con arco, na Fonsagrada
-23 de abril: Ruta dos fornos, descenso en tirolina e visita á Mina Consuelo, na Pontenova
-29 de abril: Raid de aventura con actividades que combinan o kaiaking, trekking, orientación e a bicicleta de montaña, en Viveiro; e pola tarde, surf, en Barreiros
-30 de abril: Escalada I e II na aldea de Vicuña, en Folgoso do Courel; e pola tarde iniciación á equitación, en Taboada
MAIO:
-6 de maio: Ruta da Faba, en Lourenzá; e pola tarde, Paintball, na Pastoriza.
-7 de maio: Cicloturismo histórico, en Abadín e Vilalba
-13 de maio: Barranquismo, en Quiroga; e pola tarde, Snorkel, en Foz
-14 de maio: Kaiak de Mar, en Burela
- La panadería de A Coruña que hace uno de los tres mejores panes de España: “Hacemos 200 kilos al día y necesitamos seis horas”
- Cierra una de las históricas gasolineras de la N-6 en Oleiros
- Cierre en varias instalaciones de Termaria en A Coruña por filtraciones de agua marina
- El Gobierno local de A Coruña da luz verde a las nuevas torres de 16 plantas y dos zócalos junto al Ágora con el voto del PP
- Seis condenados a cárcel y 940.000 euros en multas tras la caída de la red que distribuía droga en una floristería del Orzán de A Coruña: les pedían 'pimientos' y 'caramelitos
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- De iconos de la noche de A Coruña a locales vacíos: los pubs históricos que no se alquilan
- La Xunta autoriza la transformación de un eucaliptal de Orro, en Culleredo, en una plantación de aguacates