Un total de 5.500 alumnos poderán certificar o seu nivel de idiomas
B. C. [ a coruña]
O Goberno galego impulsa o Programa de Acreditación en Linguas Estranxeiras, de xeito que este curso un total de 5.500 alumnos de 205 centros de toda Galicia poderán certificar as súas competencias lingüísticas en diferentes idiomas a través de probas de específicas financiadas pola Xunta.
A Consellería de Educación habilita unha partida de 550.000 euros para o financiamento destas probas, cunha contía de 100 euros por alumno, que vai destinada a sufragar o custo das probas das destrezas orais e escritas que realicen estudantes de 4º de ESO, Bacharelato ou FP para certificar os niveis B1, B2 ou C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, correspondentes cos niveis intermedio e avanzado.
Cada alumno pode matricularse nunha proba dunha lingua estranxeira que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira. Isto é, inglés, francés, portugués e alemán. O estudante, previa orientación do profesorado, poderá decidir o exame ao que se presenta e coñecerá con antelación as características da mesma.
A organización e xestión das probas é competencia exclusiva do centro educativo, que deberá seleccionar o alumnado candidato ás probas, o nivel da proba á que se presenta e as institucións ou empresas certificadoras oficialmente recoñecidas a través da cal as realiza. No actual curso 2023-24 hai un total de 500 centros plurilingües, que contan co apoio de 655 auxiliares de conversa nativos de ata 22 nacionalidades distintas que imparten clases.
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- Advertencia de Concello de A Coruña a la promotora de los pisos de lujo de A Maestranza por su actividad con la licencia aún pendiente del juzgado
- Llega la hora de las rotaciones y de los fichajes en el Deportivo: Casadó, Adama y Angeliño, a escena
- El dulce de Vigo con una 'receta secreta' que empieza a conquistar A Coruña: 'La gente se lo lleva de tres en tres
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules
- El Deportivo negocia la renovación del contrato de Samu
- A Charlie Patiño se le resiste el debut con el Bochum