Chega 'Bibopalula', a primeira serie musical de debuxos en galego
Os primeiros 20 capítulos da serie, que busca ser referencia para os espectadores primeirizos, xa están disponibles en xabarin.gal
A serie, creada por Laura Mahía e Andrés Mahía, conta con figuras como Melania Cruz, Iria Lamas, Marta Lado, Marita Martínez e Xosé A. Touriñán nas voces das súas personaxes

Imaxe da serie 'Bibopalula' / LOC
B.C.
Que teñen en común un paporrubio, unha pega, un picapau e un merlo? Ademais de ser paxaros moi comúns en Galicia son os protagonistas de Bibopalula, a primeira serie musical de animación en galego. A Banda do Bosque está formada por Robin, Pegui, Carpin e Merli; uns paxariños que levan as súas cancións alá onde van e cos que aprenderemos a importancia da curiosidade, o respecto dos ciclos da natureza, o valor da amizade e a maxia da música.

. / LOC
A trama de Bibopalula xira ao redor dos acontecementos diarios do bosque no que viven os seus protagonistas. En capítulos breves, de aproximadamente 5 minutos, os catro amigos descubren algo que esperta a súa curiosidade e non paran ata entender o que está acontecendo. Para iso, contan coa axuda doutros habitantes do bosque como o Señor Moucho, a Cegoña, o Pombo Mensaxeiro, o Capitán Pelícano ou a Señora Curuxa. Andrés Mahía e Laura Mahía son os creadores desta ambiciosa serie que busca ser referencia para os espectadores primeirizos, ofrecendo un contido pensado e creado en Galicia por un equipo de empresas e profesionais locais.
Os primeiros 20 capítulos da serie xa están dispoñibles en aberto a través de xabarin.gal e a aplicación Xabarín da Televisión de Galicia. A música é a gran protagonista da serie, cada capitulo ten unha conclusión en forma de canción. Un tema orixinal que a Banda do Bosque interpreta nun videoclip ou ao vivo no escenario do bosque. Todas estas cancións foron compostas por Santi Jul e Iván Laxe, dous dos músicos máis recoñecidos do audiovisual galego. As voces dos personaxes principais póñenas Melania Cruz, Iria Lamas, Marta Lado, Marita Martínez e Xosé A. Touriñán.
Unha aposta polos contidos en galego
Bibopalula é un novo proxecto de Undodez para ofrecer entretemento de calidade en galego e que as nenas e nenos de Galicia poidan aprender e divertirse na nosa lingua. Como parte desta aposta, a serie contará con contidos complementarios para poder desfrutar máis alá das pantallas, coa edición de contos baseados nos personaxes, o lanzamento das cancións a través das principais plataformas de streaming e, da man de Ainé, os seus creadores están traballando tamén no espectáculo en vivo.

. / LOC
Para estar ao día de todas as novidades de Bibopalula, podes seguir as súas contas nas redes sociais Facebook e Instagram ou visitar bibopalula.gal, a plataforma de referencia desde a que acceder a todos os contidos da serie. A primeira temporada chega á televisión pública As aventuras da Banda do Bosque están dispoñibles na plataforma de contidos dixitais infantís da Televisión de Galicia. Logo destes 20 primeiros capítulos, a temporada completarase cun total de 55 episodios das aventuras de Robin, Pegui, Carpin e Merli. Pódese acceder a un adianto da serie neste link.
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- La historia de amor de Hijos de Rivera con un polígono de A Coruña: 'Da vida a espacios en desuso de A Grela y crea otros de referencia
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- El bus de A Coruña se podrá abonar con tarjeta de crédito: 'Hay mucha gente que pide hacerlo y hay conductores que acaban pagando billetes