Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«O Noso Canto: todas xuntas resoamos máis forte»

Máis de 30 artistas protagonizan a campaña da Xunta para este 8M, na que se visibiliza a forza da unión interxeracional» Xa dispoñible nas plataformas

Gravación de Latexo, coas voces principais de Yoly Saa e Sabela Ramil.

Gravación de Latexo, coas voces principais de Yoly Saa e Sabela Ramil.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

B.C.

«O Noso Canto: todas xuntas resoamos máis forte» é a campaña que lanzou a Xunta de Galicia para este 8 de marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Trátase dun proxecto cultural único no que se reúnen máis de 30 artistas galegas e un equipo de produción composto na súa totalidade por mulleres.

O obxectivo é dar visibilidade á forza interxeracional do feminismo a través dun único sentir: a igualdade de xénero real e efectiva.

Desde hoxe e coincidindo coa conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o proxecto pode escoitarse ao completo en todas as plataformas, ademais de nas redes sociais de Igualdade (@igualdadegalicia) e a páxina web onosocanto.gal.

O Noso Canto, composta por Belém Tajes, xorde da unión de dúas cancións, Aperta e Latexo, que baixo diversos estilos e interpretadas por distintas xeracións, ao fusionarse transmiten unha mensaxe clara: «Todas xuntas resoamos máis forte».

Con esta campaña, o Goberno galego emprega a música como ferramenta para transmitir a importancia da unión de todas as mulleres de cara a seguir avanzando cara unha Galicia cada vez máis igualitaria.

Dúas cancións nun único sentir: a igualdade de xénero

Latexo está protagonizada por artistas emerxentes e sons de pop experimental, coas voces principais de Yoly Saa e Sabela Ramil, e na que participan de forma coral Nastashia Zürcher, Catuxa Salom, Carolina Rubirosa, Leticia Rey, Icía Varela, Sara Nebra, Claudia Abril, Ana Moas, Sara Gimeno. A elas súmanse as voces brancas de Amelia, Aitana, Aroa, Celtia, Grecia e María. Belém Tajes, a creadora da composición, participa tamén nos sintetizadores e recitado inicial.

Aperta, pola súa banda, conta coas voces consolidadas de Rosa Cedrón, Uxía Senlle e Lucía Pérez, e os sons de pop folk que lle proporcionan Caamaño&Ameixeiras (acordeón e violín), Bea Martínez (arpa céltica), Anaïs Barbier, María Jorge do grupo Caldo (pandeireta e violín) e catro das integrantes de Adufeiras de Salitre (Bea Mariño, Carolina Vázquez, Iria López e María Pardo).

Coa colaboración especial de Genara Méndez

O proxecto conta coa colaboración especial de Genara Méndez, unha das cantareiras de referencia da cultura tradicional galega, en representación de todas as mulleres que serán homenaxeadas o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Este 2025, a Real Academia Galega acordou adicar o 17 de Maio, á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva coa que se quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.

Un himno á forza interxeracional do feminismo

Consciente de que, «xeración tras xeración, as mulleres galegas son protagonistas en múltiples eidos da sociedade», e de que «se hai unha forma de expresión universal que nos permita transmitir esta mensaxe con emoción e unanimidade, esa é a cultura e máis concretamente, a música», a nova campaña institucional da Xunta para conmemorar o 8 de Marzo é moito máis ca unha canción.

Trátase dun proxecto cultural colectivo, sen precedentes e creado íntegramente por mulleres para toda a sociedade galega.

Ademais, trátase dunha iniciativa que busca dar visibilidade ao papel das mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, como é o caso das profesións máis técnicas da industria musical.

Con esta campaña dáse a coñecer o seu papel dentro da música e da cultura, facéndonos reflexionar sobre a importancia da unión para romper as barreiras.

«O Noso Canto» nace co obxectivo de converterse nun símbolo da unión interxeracional do feminismo.

onosocanto.gal

Un proxecto sen precedentes

Máis de 30 artistas galegas protagonizan a campaña da Xunta polo 8M, «O Noso Canto», que visibiliza a forza interxeracional do feminismo. Un diálogo musical que xorde de dúas pezas interpretadas por distintas xeracións de artistas que, ao fusionarse, derivan nunha canción colectiva que supón un proxecto cultural sen precedentes. Xa podes escoitalo premando no QR.

Rosa Cedrón, entre as voces consolidadas que participan en Aperta

Rosa Cedrón, entre as voces consolidadas que participan en Aperta / Xunta de Galicia

Tracking Pixel Contents