Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un verán de diversión no Aquapark de Cerceda: horarios e entradas para a tempada 2025

O maior parque acuático de Galicia estará aberto ata o 7 de setembro

Aquapark de Cerceda.

Aquapark de Cerceda. / FB

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

B. C.

Non hai plan mellor para refrescarse e pasar un bo rato este verán que visitar o Aquapark de Cerceda, o maior parque acuático de Galicia. Ubicado no Polígono do Acevedo, o recinto abriu as súas portas no ano 2000 e foi pioneiro deste tipo instalacións na nosa comunidade.

Durante estes 25 anos de actividade, o Aquapark consolidouse coma un lugar de ocio imprescindible para os galegos e galegas e o seu éxito continúa vixente. As cifras de visitantes de xuño deste ano, con 22.200 entradas vendidas, supoñen o mellor arranque de tempada da última década. Así, o parque continuará aberto ata o próximo 7 de setembro.

O horario de apertura é de 12:00 ata as 20:00 horas, se ben a dirección do aquapark resérvase o dereito de pechar as instalacións cando considere que as condicións meteorolóxicas ou outras causas que non sexan as adecuadas para a seguridade dos usuarios.

Como visitar o Aquapark de Cerceda

Para acudir ao parque acuático de Cerceda é posible adquirir as entradas tanto a través da súa páxina web oficial (aquaparkcerceda.es) ou ben de forma presencial no recinto, a partir das 11:00 horas.

Existen dúas categorías de tickets: os días laborales, o acceso para adultos custa 10 euros, 7 para a rapazada de 5 a 12 e 1 euro para os de 0 a 4; mentres que sábados, domingos e festivos, as tarifas ascenden a 11, 8 e 2 euros respectivamente. Ademais, hai dispoñibles autobuses urbanos desde A Coruña para chegar comodamente ata o aquapark (consulta os horarios en bus.gal).

En canto ás instalacións, o Aquapark conta con aparcamento, quiosco, cafetaría e restaurante, alugueiro de hamacas e parasois e, por suposto, cunha gran variedade de atraccións acuáticas para pasalo en grande: piscina de ondas, tobogáns vertixinosos, roaller coaster e moito máis!

Tracking Pixel Contents