A Xunta de Galicia impulsa preto de 2,1 millóns de metros cadrados de solo empresarial en A Coruña
A nivel galego estanse a tramitar arredor de 8,5 millóns de metros cadrados de territorio con fins empresariais e industriais, con proxectos como a ampliación do polígono de Bértoa, en Carballo

Polígono de Carballo. / Cedida
B. C.
A industria precisa de recursos humanos, tecnoloxía e investimento económico para medrar en Galicia, así coma de espazo físico destinado á súa actividade. Dende a Xunta de Galicia sábeno e por iso, a través da Sociedade Xestión do Solo de Galicia (Xestur), organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, están levando a cabo diversas actuacións que permitirán desenvolver arredor de 8,5 millóns de metros cadrados de solo industrial en toda a comunidade, dos que preto de 2,1 atópanse na provincia de A Coruña.
Actualmente, algúns dos proxectos que se están poñendo en marcha en A Coruña son as ampliacións dos polígonos industriais da Sionlla (Santiago de Compostela), Cabana de Bergantiños, Bértoa en Carballo (fase A e B), Coristanco, Santa Comba, e Morás en Arteixo (fase C e D).
O Goberno autonómico ten clara a súa estratexia de política industrial. A súa misión é facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están na comunidade, fixando industria e creando emprego local. Para iso, a Xunta está a poñer todos os medios ao seu alcance para dar resposta ás necesidades do tecido empresarial, ofrecendo solo industrial alí onde se pode, apoiando os polígonos empresariais galegos e abrindo diversas liñas de axuda.
Respaldo ao tecido industrial: o caso de Bértoa
A Coruña é a provincia galega con maior número de polígonos e parques industriais. A meirande parte están situados onde a cidade herculina, mais atopamos polígonos en pleno crecemento noutras zonas coma Carballo. Alí, o Polígono de Bértoa, primeiro de Galicia en contar cunha Ecoxem (Entidade de Conservación, Xestión e Modernización), está en trámites de ampliar un 50% a súa superficie. O inicio das obras está previsto para 2027.
«Estamos moi contentos, xa que actualmente non hai solo industrial dispoñible no polígono, pero si moita demanda. Só as empresas instaladas precisan duns 80.000 m2 máis e hai compañías de fóra que queren asentarse aquí», declara Pablo Rodríguez, xerente da Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo sobre esta nova fase. Para Rodríguez, o impulso autonómico ao tecido industrial é clave: «Este ano concedéronse axudas máis directas ás empresas e aos xestores dos parques industriais, o que consideramos moi positivo, xa que recoñece o noso traballo diario. Estamos pegados ao terreo, sabemos as problemáticas concretas e temos a capacidade de resolvelas de forma moi áxil».
A falta de man de obra cualificada, o reto principal dos polígonos industriais
Actualmente, todas as empresas asociadas beneficiáronse da nova liña de axudas da Xunta para a obtención de certificacións, que foi outorgada ao conxunto do Polígono de Bértoa. «É coma a bandeira azul das praias, pero para os polígonos», explica o xerente, «ten uns requisitos que se deben cumprir, orientados tanto á calidade das infraestruturas coma dos servizos, que nos obrigan a estar pendentes de cada detalle».
Co apoio da Xunta, os empresarios de Carballo, ao igual que os doutras zonas galegas, afrontan os retos da súa actividade. Por exemplo, a dificultade de atopar persoal cualificado. Nunha comarca cunha forte presencia da construción, o sector botaba de menos formación específica, polo que dende o Polígono de Bértoa solicitaron ao Goberno galego a posta en marcha dun novo ciclo formativo. Este curso xa é unha realidade no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, onde se imparte un ciclo medio de FP de Construción.
Liñas de axudas
A Consellería de Economía, presidida por Mª Jesús Lorenzana, dispón de diferentes liñas de apoios ao tecido empresarial e industrial galego. Xusto este lunes, 22 de setembro, o Consello da Xunta deu conta da resolución da primeira orde de axudas enfocadas ao incremento da competitividade das áreas empresariais da comunidade. Dotada con máis dun millón de euros, beneficiará a un total de 15 solicitantes, dos cales sete están ubicados na provincia de A Coruña.
O obxectivo das liñas de apoio é fixar a industria e crear emprego local
Outra liña de axudas concedida este 2025 está enfocada á mellora das infraestruturas dos parques empresariais. Debido ao alto volume de demanda, duplicouse o crédito ata os 5,6 millóns. Foron concedidas 73 achegas, nas que resultaron beneficiadas 28 áreas empresarias da provincia de A Coruña.
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- Javier Gómez, director general de LaLiga: 'El Deportivo tiene, además, a su máximo accionista, que hace aportaciones al club, y le permite incrementar su límite de coste de plantilla
- La panadería de A Coruña que hace uno de los tres mejores panes de España: “Hacemos 200 kilos al día y necesitamos seis horas”
- De iconos de la noche de A Coruña a locales vacíos: los pubs históricos que no se alquilan
- El restaurante indio de A Coruña que estuvo a punto de cerrar y hoy prepara casi 100 platos: “Ahora empieza la tercera generación”
- El Depor Abanca recobe al Real Madrid en el arranque de la jornad: «Es uno de los mejores de Europa»
- Todo listo para O Burgo Fest, que se celebrará el sábado en el paseo
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules