A Deputación concede axudas de ata 45.900 euros no PEL 2025
Apoia a contratación de persoal, os investimentos en pequenos negocios e o pago das cotas de autónomos | As solicitudes poderán presentarse ata o 17 de marzo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante unha visita ao GreenCoworking de As Pontes. | LOC
B. C.
A Deputación da Coruña abriu xa o prazo de solicitudes das axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2025), que este ano conta cun orzamento inicial de 8,66 millóns de euros destinados a apoiar a contratación de persoal en empresas, o financiamento de novos investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios e a sufragar os custos das cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos. As solicitudes poden presentarse ata o 17 de marzo a través da plataforma SUBTeL da Deputación da Coruña.
O PEL 2025, que incrementa o orzamento inicial en 400.000 euros con respecto ao ano pasado, axudará a crear emprego e impulsando aos profesionais autónomos, aos emprendedores e aos pequenos negocios da provincia da Coruña con axudas que poden chegar ata 45.900 euros.
Diferentes liñas no orzamento
Dos 8.660.000 euros de orzamento inicial, 4,7 millóns de euros destinaranse a subvencionar a contratación de persoas traballadoras en pemes e microempresas, 2.760.000 euros a financiar novos investimentos en pequenas empresas situadas en concellos de menos de 10.000 habitantes e 1,2 millóns á liña PEL-Autónomos, que incrementa o orzamento nun 20% con respecto a 2024 ao tratarse dunha das axudas con maior número de solicitudes rexistradas. Como é habitual, todas as axudas PEL serán compatibles entre si. Deste xeito, unha persoa autónoma con domicilio fiscal e centro de traballo nun concello de menos de 10.000 habitantes podería optar a un total de 45.900 euros entre as liñas de axudas convocadas.
No PEL-Emprende Investimento, a axuda máxima é de 17.500 euros, mentres que en PEL-Autónomos os beneficiarios podrán conseguir 2.400 euros. O PEL-Pemes Contratación concede 15.000 euros como axuda máxima e o PEL-Pemes Mantemento, 11.000 euros.
Como novidade, este ano priorízanse por primeira vez nestas axudas ás empresas situadas en concellos coruñeses que teñen asinados convenios de Transición Xusta, de maneira que se garanta que as axudas sirvan para apoiar proxectos empresariais que xeren emprego e desenvolvemento económico das zonas de As Pontes ( Cabanas, A Capela, Cerdido, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño e As Somozas) e Meirama (Carral, Cerceda, A Laracha, Ordes e Tordoia).
A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local deste ano 2025, continúa amosando o seu apoio ao tecido empresarial de toda provincia, co obxectivo de acadar uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión do territorio. Estas axudas tratan de adoptar medidas que promovan un modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade creativa e emprendedora da provincia e sostemento dos negocios, como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a mellora da competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.
Centro de Día Xestal

Iris Río López: «As axudas da Deputación son un impulso importante para poder saír adiante nos momentos malos»
«As axudas son un impulso importante para poder saír adiante nos momentos malos», comenta Iris Río López, do centro de día Xestal, próximo a Monfero, cunha poboación «que non chega aos 2.000 habitantes». Abriu o centro en decembro de 2020, «en plena pandemia». «As axudas son moi importantes para min porque teño moito persoal», expón, e comenta que hai «tempadas peores nas que a xente falece ou ingresa nunha residencia». Actualmente conta con 40 prazas, aínda que está en proceso de ampliar. «É o único centro de día da zona», engade.
Núcleo Galicia

Antonio Regueiro Grela: «Comezamos no 2017 e este é o noso mellor ano. As axudas foron claves para arrincar»
Núcleo Galicia é unha empresa de topografía e cartografía situada en Abegondo. «Comezamos no 2017 e este é o noso mellor ano. As axudas da Deputación da Coruña foron claves para arrincar», conta Antonio Regueiro, quen recoñece que os inicios sempre son duros. «Comezamos tres socios e agora somos sete persoas», relata, e engade que en enero xa tiñan «contratados uns 300.000 euros». Traballan para empresas como Repsol, Cinca ou Nestlé. «A nosa especialidade é a cartografía con drons», sinala Regueiro.
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- Javier Gómez, director general de LaLiga: 'El Deportivo tiene, además, a su máximo accionista, que hace aportaciones al club, y le permite incrementar su límite de coste de plantilla
- La panadería de A Coruña que hace uno de los tres mejores panes de España: “Hacemos 200 kilos al día y necesitamos seis horas”
- De iconos de la noche de A Coruña a locales vacíos: los pubs históricos que no se alquilan
- El restaurante indio de A Coruña que estuvo a punto de cerrar y hoy prepara casi 100 platos: “Ahora empieza la tercera generación”
- El Depor Abanca recobe al Real Madrid en el arranque de la jornad: «Es uno de los mejores de Europa»
- Todo listo para O Burgo Fest, que se celebrará el sábado en el paseo
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules