A Xunta ultima o plan de linguas para consolidar o modelo plurilingüe de calidade

El conselleiro Román Rodríguez, en una visita a un campamento de idiomas antes de la pandemia. / Moncho Fuentes
A Xunta de Galicia está a ultimar a Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingüe 2030, na educación en Galicia de cara aos vindeiros anos, que suporá a consolidación e o afianzamento do modelo plurilingüe implantado hai unha década nos centros de ensino e do que hoxe se benefician arredor de 100.000 alumnos.
Un total de 628 auxiliares de conversa de 22 nacionalidades distintas incorporáronse este curso a 863 colexios, institutos, centros integrados de formación profesional (ben con modelo plurilingües ou ben con seccións bilingües) e escolas oficiais de idiomas. Así, o número de auxiliares de conversa nos centros educativos de Galicia multiplicouse por dez na última década.
O coñecemento de linguas, segundo o concelleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, é “un elemento de riqueza e de unión”. De feito, nos últimos datos de PISA o alumnado galego figura á cabeza en cuestións como falar dúas ou máis linguas bastante ben como para conversar con outras persoas (o 96% fronte ao 84% da media de España e o 72% da OCDE) ou no índice de respecto por outras culturas. Román Rodríguez salientou que o traballo dos auxiliares de conversa “vai moito máis aló da mera aprendizaxe de idiomas” na medida en que achegan “novas realidades culturais e lingüísticas dos países de orixe”.
Ao abeiro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingüe, no curso 2010-11 o Goberno galego comezou a implantar o actual modelo plurilingüe —que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira— para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 2017-18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e Formación Profesional (PluriFP).
A día de hoxe o sistema educativo galego conta cun total de 465 centros educativos plurilingües e máis de 4.800 seccións bilingües (fronte ás unicamente 720 seccións e ningún centro plurilingüe que había no ano 2009). Ademais, un total de 58 ciclos de Formación Profesional do sistema público galego imparten este curso parte do seu currículo nunha lingua estranxeira co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas do alumnado de FP e, deste xeito, mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos.
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- El verano resiste unos días en A Coruña: esta es la previsión de sol (y también lluvia)
- El Puerto de A Coruña duplica los ingresos por eventos de ocio desde 2022: los reyes son la Fundación Marta Ortega, la música y las hamburguesas
- El Deportivo, al dentista de Getafe en una semana loca
- El Deportivo negocia la renovación del contrato de Samu
- 90-96 | El Surne Bilbao deja al Leyma Coruña con la miel en los labios
- El pasado de A Coruña a través de los ojos de Ruth Matilda Anderson: de las vistas del Banco Pastor al interior de la Torre de Hércules
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble